Plegamiento geológico de Campodola e Leixazós. GEOSITE (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Courel

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

El plegamiento geológico Campodola - Leixazós  fue declarado Monumento natural y Lugar de Interés Geológico Internacional. Se trata de  un pliegue con alrededor de 12 km de longitud, que nos sirve como escenario para la reconstrucción del pasado geológico de Galicia. 


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Punto de información general a visitantes
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    •   Empresas de actividades
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos
    Investigación científica

    •   Proyectos I+D+i
    Cómo llegar?

    •   Coche
    Actividades destacadas de Turismo Científico

    •   Fotografía científica
    •   Rutas geológicas

    Para saber más

    DESCRICIÓN E CONTEXTO XEOLÓXICO

    O pregamento de Campodola-Leixazós ten unha importancia dobre no contexto xeolóxico galego. Por unha banda é unha estrutura tectónica en si mesma: un pregamento deitado tipo sinclinal en lousas e cuarcitas, cuxa erosión o deixou case en posición horizontal. Por outra banda, este monumento natural representa o Km 0 da Oroxenia hercínica ou Varisca, unha colisión de placas tectónicas que aconteceu hai uns 300 millóns de anos e deu lugar á formación do relevo do Macizo Ibérico, que abrangue toda Galiza.

    En consecuencia, para alén do espectáculo paisaxístico, o visitante ten diante dos seus ollos un elemento patrimonial e científico cuxo simbolismo traspasa as fronteiras galaicas.         

    Esta deformación tectónica xurdiu como resultado da colisión dos antigos continentes Gondwana e Laurasia para formar o megacontinete Panxea, a finais do período Carbonífero da era paleozoica. A enerxía posta en xogo nese evento, creou unha cordilleira cuxos límites se estenderon máis alá, non só de Galicia, senón tamén de España. Lugares do mundo coma Cornualles, a Bretaña francesa, Ardenas belgas e os Vosgos e a Selva Negra alemás, ou o Macizo de Bohemia comparten con Campodola unha orixe xeolóxica común.

    PARA A OBSERVACIÓN

     A Oroxenia Varisca ou Hercínica, responsable deste pregamento, foi un proceso gradual ao longo de decenas de millóns de anos, e desenvolvido en tres fases, cada unha das cales, encarna graos de deformacións nos materiais que abranguen. No caso deste pregamento, a deformación principal tivo lugar na primeira fase. Con todo, as pizarras e cuarcitas que constitúen a parte máis visible do pregamento formáronse en distintos períodos. As cuarcitas datan do Ordovícico Inferior (488-478 millóns de anos) e as pizarras, do Ordovícico Medio (471-468 millóns de anos), cando se depositaron os sedimentos mariños na plataforma continental de Gondwana, no hemisferio sur.

    O pregamento está deitado en dirección norte. A lonxitude dos seus francos varían de 10 a 12 quilómetros, sendo dende o miradoiro que está xusto enfronte (na parte da estrada) o lugar idóneo para observar o cambio de curvatura do pregamento. Ese punto en tectónica denomínase charnela. O pregamento, á súa vez, forma parte dunha macroestrutura tectónica rexional que chega ata a provincia de León. Ademais diso, os xeólogos, no seu traballo de reconstrución do pasado chegaron á conclusión de que por riba do sinclinal de Campodola debeu existir outro pregamento en sentido contrario, isto é, un anticlinal. Desta formación só quedan algúns restos na zona de Valdeorras, o resto foi arrasada pola erosión.

    A secuencia de rochas que conforman o pregamento de Campodola-Leixazós é unha serie metapelítica alterna de lousas e cuarcitas datadas do Ordovícico. Ademais da diferenza de tonalidade cromática (gris as cuarcitas e negra as lousas) existe tamén unha diferenza de dureza que da como resultado un relevo diferencial, sobresaíndo as cuarcitas sobre as lousas, por ser as primeiras máis resistentes á erosión.

    Con todo, ambas as dúas rochas son o produto da consolidación e posterior deformación de sedimentos siliciclásticos depositados nunha plataforma continental situada nos primeiros períodos do paleozoico, por debaixo da liña do Ecuador.

    Posteriormente, durante a gran colisión que xerou a cordilleira hercínica, as lousas e cuarcitas foron sometidas a presións e temperaturas moderadas (máis de 300ºC) que proporcionaron a suficiente elasticidade para que se comprimisen e inclinasen os estratos ata conseguir a xeometría actual, que por outro lado, é a parte visible que queda tras a erosión de toda a formación orixinal.

    TRABALLOS CIENTÍFICOS

     Pola importancia relatada nos epígrafes anteriores contamos con moita información ao respecto. O xeólogo alemán Wynfrith Riemer e o francés Philippe Matte foron os primeiros que analizaron e describiron con detalle esta estrutura. Anos máis tarde, o xeólogo galego Isidro Parga Pondal baseouse nos estudos de ditos xeólogos para confirmar tales investigacións. Matte incluíu debuxos do sinclinal nun estudo publicado en 1968 comparando esta estrutura cos pregamentos deitados dos Alpes Peninos, no suroeste de Suíza. Nos últimos anos, xeólogos españois coma José Ramón Martínez Catalán suxiren que a orixe deste pregamento foi condicionada pola existencia de fallas activas na zona durante o Ordovícico.

    Publicacións salientables sobre este punto son:

     • Martínez Catalán, J.R.,(1985) Estratigrafía y estructura del domo de Lugo (Sector Oeste de la zona Asturoccidental-leonesa) Corpus Geologicum Gallaeciae, 2ª Serie, 2, 1-291

    • Martínez Catalán, J.R.; Arenas, R. y Díez Balda, M.A.,(2003) Large extensional structures developed during emplacement of a crystalline thrust sheetthe Mondoñedo nappe (NW Spain)J. Struct. Geol. (en prensa)

     • Martínez Catalán, J.R.; Pérez-Estaún, A.; Bastida, F.; Pulgar, J.A. y Marcos, A.,(1990) West Asturian-Leonese Zone. Structure.

     • R.D. Dallmeyer y E. Martínez García (Eds), Pre-Mesozoic Geology of Iberia.Springer-Verlag Berlín, p. 103-114

    • Gutiérrez Marco. J.C. 2005. El primer mirador geológico de Galicia (gran pliegue acostado de O Courel, Lugo). De Re Metallica, 5, 2005 pp. 13-20.

    • Vidal Romaní, J.R. y Vila Anca, R. 2011. La puerta del pasado geológico de Galicia se abre en Quiroga. Tierra y tecnología, nº 40, 46-51.

     • Duque, L. C.; Elizaga, E.; Vidal- Romani, J.R. (1983). Puntos de interés geológico de Galicia. Servicio de Publicaciones. Ministerio de Industria y Energía. I.G.M.E.,126 págs.

    • Apalategui, O. (1977). Consideraciones estratigráficas y tectónicas sobre el Anticlinal del "Ollo de Sapo" y el Sinclinal del Sil en las proximidades del Barco de Valdeorras. Boletín IGMEt LXXXVIII-III, pp.

    CURIOSIDADES

    Declarado monumento natural polo Decreto 120/2012 de 26 de abril de 2012. Ademais, é Lugar de Interés Geológico Internacional (GEOSITES 2011). Existe unha ruta de sendeirismo que une as aldeas de Leixazós, Campodola e Campos de Vila e que pasa ao pé mesmo da parte máis espectacular do pregamento.

    Bibliografía asociada

    Debido a la importancia relatada en las secciones anteriores, existe mucha información al respecto. El geólogo alemán Wynfrith Riemer y el francés Philippe Matte fueron los primeros en analizar y describir esta estructura en detalle. Años más tarde, el geólogo gallego Isidro Parga Pondal se basó en los estudios de estos geólogos para confirmar tales investigaciones. Matte incluyó dibujos de la sinclina en un estudio publicado en 1968 que comparaba esta estructura con los pliegues tumbados de los Alpes Peninos, en el suroeste de Suiza. En los últimos años, geólogos españoles como José Ramón Martínez Catalán sugieren que el origen de este plegamiento estuvo condicionado por la existencia de fallas activas en el área durante el Ordovícico.

    Las publicaciones destacadas sobre este punto son:

    • Martínez Catalán, J.R., (1985) Estratigrafía y estructura de la cúpula de Lugo (Sector Oeste del área asturiano-leonesa) Corpus Geologicum Gallaeciae, 2ª serie, 2, 1-291
    • Martínez Catalán, J.R .; Arenas, R. y Díez Balda, M.A., (2003) Se desarrollaron grandes estructuras extensionales durante el emplazamiento de una hoja de empuje cristalino en el Mondoñedo nappe (NW Spain) J. Struct Geol. (en prensa)
    • Martínez Catalán, J.R .; Pérez-Estaún, A .; Bastida, F .; Pulgar, J.A. y Marcos, A., (1990) Zona Occidente asturiana-leonesa. 
    • R.D. Dallmeyer y E. Martínez García (Eds), Geología Pre-Mesozoica de Iberia.Springer-Verlag Berlin, p. 103-114
    • Marco Gutiérrez. J.C. 2005. La primera glorieta geológica de Galicia (gran tumbada plegada en O Courel, Lugo). De Re Metallica, 5, 2005 pp. 13-20.
    • Vidal Romaní, J.R. y Vila Anca, R. 2011. La puerta del pasado geológico de Galicia se abre en Quiroga. Tierra y tecnología, nº 40, 46-51.
    • Duque, L. C .; Elizaga, E .; Vidal-Romani, J.R. (1983). Puntos geológicos de interés en Galicia. Servicio de publicaciones. Ministerio de Industria y Energía. I.G.M.E., 126 pp.
    • Apalategui, O. (1977). Consideraciones estratigráficas y tectónicas sobre el Anticlinal de "Ollo de Sapo" y el Sinclinal del Sil en las cercanías del Barco de Valdeorras. Boletín IGMEt LXXXVIII-III, pp.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?