Encinar de Cruzul (Lugo)
Punto de interés ecológico - Montañas de Ancares
Puntos de Interés Observer®
Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
El Aciñeiral de Cruzul es una de las masas de bosque de encinas mejor conservadas del territorio gallego, siendo el encinar más septentrional de Galicia, debido a las condiciones climáticas, edáficas y de pendiente. Además, en el interior podemos encontrar especies con preferencia por los suelos calizos, como el trovisco macho y diversas especies de orquídeas.
Imágenes
Información al viajero
- Hoteles
- Casas Rurales
- Restaurantes
- APP de rutas
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Empresas de actividades
- Especies protegidas
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
- Investigadores científicos
- Ciencia Ciudadana
- Coche
Para saber más
Contexto
botánico
O Aciñeiral de Cruzul é unha das masas de bosque de aciñeiras mellor conservadas do territorio galego. O espazo ofrece a oportunidade de observar flora asociada aos afloramentos calizos e a estrutura destes solos nos cortes da estrada que sae dende a Ponte de Cruzul.
O aciñeiral é o bosque esclerófilo por excelencia. Amplamente estendido na península ibérica, só desaparece na parte máis ao norte da faixa atlántica. A definición de “bosque esclerófilo” fálanos das súas características. Está conformado por árbores de follas perennes, duras e con pouca separación entre os entrenós, as adaptacións que os protexen da perda de auga, feito que lles vai permiten sobrevivir en períodos de seca prolongada. A especie dominante é a aciñeira ou Quercus ilex, da que se recoñecen dúas subespecies, a Quercus ilex subsp. ilex que na Península Ibérica só está presenta nas zonas máis temperadas pola influencia costeira (cornixa cantábrica, costa catalá e levante), e a subespecie Quercus ilex subsp. ballota estendida polas zonas máis mediterráneas e secas. As montañas de Ancares e Courel son unha zona de potencial confluencia entre as dúas subespecies, se ben o Aciñeiral de Cruzul está formado predominantemente pola subespecie ballota.
Para a
observación
Recoméndase o acceso ao Aciñeiral de Cruzul
dende a estrada que parte de Ponte Cruzul,onde se pode observar a amplitude do bosque, ben identificable polos tons
verde cincentos dafollaxe das
aciñeiras, que contrastan co verde (en primavera e verán) ou ocre (no outono)
dafollaxe do bosque caducifolio de
castiñeiros, carballos e rebolos que conforman o Soto deAgüeira, un dos grandes valores da zona, protexido pola Rede
Natura. O límite entre os doustipos
de bosque traza de maneira natural unha liña recta que indica claramente por
ondediscorre o afloramento calcáreo
que permite o desenvolvemento do aciñeiral.
O percorrido por esta estrada dá a posibilidade de observar un corte edáfico (do solo) do aciñeiral, no que se aprecia a textura areosa e permeable da estreita faixa de solo dispoñible, e da propia rocha calcárea. De feito, trátase do aciñeiral máis setentrional de Galicia, unha área que recorda ao clima mediterráneo, pero que as condicións do solo e a forte pendente só permiten que se desenvolva este tipo de bosque ben adaptado ao estrés hídrico. No interior do aciñeiral poden atoparse especies con preferencia polos solos calcáreos coma o trovisco macho ou Daphne laureola ou a berza de can ou Mercurialis perennis, ademais de diversas especies de orquídeas. Xunto con estas, atópanse tamén outras máis frecuentes nos bosques da zona coma o heléboro ou Helleborus foetidus, a herba becerra ou Antirhinum meonanthum, ou a embigueira ou Omphalodes nitida.
Traballos
científicos
O estudo deste bosque foi abordado no traballo:
Izco J., Amigo J. e Guitián, J. (1990): Composición, relaciones y sistematización de los bosques esclerófilos del noroeste ibérico.- Notiz. Fitosoc., 22: 83-114.
É abundante a literatura científica que estuda a especie Quercus ilex e as súas subespecies, incluíndo estudos bioxeográficos, xenéticos e morfolóxicos nos que se incluíron mostras deste aciñeiral por tratarse dunha poboación periférica:
Guzmán, B.; Rodríguez, C.M.; Forrest, A.; Cano, E; Vargas, P. 2015. Protected areas of Spain preserve most of the genetic diversity of Quercus ilex L. Tree genetics and genomes 11: 124
Curiosidades
A presencia da aciñeira nos afloramentos calizos en áreas periféricas da súa área de distribución indica que estas poboacións son relictos dunha distribución máis ampla no pasado, cando a especie se estendeu nos períodos de clima cálido, mentres que experimentou unha retracción en períodos máis fríos e húmidos, nos que só permaneceu neste tipo de substrato.
Esta presencia en zonas periféricas da súa área óptima pode supoñer un exemplo de selección natural dos exemplares que soportan un rango de condicións climáticas máis amplo, que neste caso se manifesta como unha selección xenética das aciñeiras adaptadas á rexión Eurosiberiana.
Esta hipótese foi en certa medida referendada por un dos estudos xenéticos realizados sobre a especie, que incluía mostras recollidas neste aciñeiral e amosaba a relación das aciñeiras de Cruzul con outras poboacións do noroeste ibérico, que se diferenciaban claramente das restantes poboacións.
O aciñeiral de Cruzul, ademais do seu interese ecolóxico e botánico, agocha un dos espazos de maior interese para a investigación paleontolóxica de Galiza, as Covas de Valdavara, nas que se están a realizar importantes achados, entre os que destaca a documentación do fósil humano máis antigo de Galicia, datado hai 17.000 anos.
Bibliografía asociada
El estudio de este bosque fue abordado en el trabajo:
Izco J., Amigo J. e Guitián, J. (1990): Composición, relaciones y sistematización de los bosques esclerófilos del noroeste ibérico.- Notiz. Fitosoc., 22: 83-114.
Es abundante la literatura científica que estudia la especie Quercus ilex y sus subespecies, incluyendo estudios biogeográficos, genéticos y morfológicos, en los que se incluyeron muestras de este encinar por tratarse de una población periférica.