Marco do Medio do Mundo (Lugo)

Punto de interés geológico - Montañas de Courel

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

El Marco do Medio do Mundo es un gran afloramiento rocoso de cuarcita con una parte visible que alcanza los 150 metros de longitud. Hay un sendero que va hasta la punta de formación, pasando a lo largo del borde de un precipicio de decenas de metros de altura. Desde el punto más alto, se divisa una cascada que forma el río Lor en este trecho.


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos

    Para saber más

    O Marco do Medio do Mundo é un gran afloramento rochoso de cuarcita. A cuarcita é unha rocha metamórfica rica en cuarzo, normalmente con máis do 75% dese mineral como base da súa composición. O resto da rocha son partículas de variada natureza e procedencia, que se uniron ao cuarzo e cementaron ao mesmo tempo. Como resultado temos unha rocha de elevada dureza e bastante resistente a erosión. Grazas á resistencia natural que posúe, é habitual vela nas montañas sobresaíndo en forma de crestas. Iso débese a que tarda máis en desfacerse, polos axentes atmosféricos, que as rochas que a rodean. De feito, as crestas son unha forma habitual de identificación de cuarcitas in situ.

    Por outra parte, a cuarcita é unha das rochas máis abundantes da serra do Courel. Ten orixe mariña, de cando as actuais montañas do Courel eran unha especie de costa onde os materiais pétreos daquelas primeiras terras firmes se erosionaban e os seus fragmentos eran depositados en mares non moi profundos.

    PARA A OBSERVACIÓN

    O Marco do Medio do Mundo xurde das montañas coma unha robusta muralla natural. A parte visible acada os 150 metros de lonxitude, aínda que é bastante posible que a súa lonxitude real sexa maior e quede tapada pola espesa vexetación da zona.

     Xeolóxicamente, esta estrutura, recebe o nome de cresta. As crestas son resaltes rochosos naturais con respecto a outras rochas circundantes. O efecto de resalte ven motivado por erosión diferencial, ou sexa, o diferente ritmo de disgregación que teñen as rochas en contacto, segundo o nivel de dureza de cadansúa delas.

     A formación do Marco do Medio do Mundo aparece seccionada pola estrada que vai de Romeor ata Pedrafita do Cebreiro, nas proximidades do río Lor. Con todo, na parte máis afastada do río, pode visitarse, subindo por unha senda que discorre pegada á parede da cresta.

     Tamén é posible percorrer a parte máis próxima ao río. Hai un camiño que chega ata a punta da formación. Aínda que a senda sexa bastante ancha, transcorre pola beira dun precipicio de decenas de metros de altura. Desde a punta superior divísase unha cascada que forma o río Lor neste treito.

    TRABALLOS CIENTÍFICOS

    A pesar de falar dun monumento natural de maxestosa beleza, non temos constancia documental de traballos que falen especificamente sobre esta formación rochosa. Toda a información atopada dedúcese da existente ao proceso xeral de formación xeolóxica da Serra do Courel. Algunhas referencias nese sentido son:

    • EVOLUCIÓN GEOMORFOLÓGICA DEL MACIZO HESPÉRICO PENINSULAR.ESTUDIO DE UN SECTOR COMPRENDIDO ENTRE LAS PROVINCIAS DE LUGO Y OURENSE (GALICIA, NW DE ESPAÑA). Juan Ramón Vidal Romaní, J. Yepes Termiño, R. Rodríguez Martínez-Conde, ADEGA Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe Vol. 25 Núm. - (págs. 165 a 199).

    • Guía do Xeolodía 2015 na provincia de Lugo: Percorrido xeolóxico pola Serra do Courel. Juan Ramón Vidal Romaní, Aurora Grandal d’Anglade y Ramón Vila Anca.

    CURIOSIDADES

    Subindo a cresta pola parte máis afastada do río, e aproximadamente á metade do percorrido, en medio da rocha, ábrese unha pequena cova. Pódese acceder a ela arrastrándose. Xa na parte superior, temos unha especie de miradoiro sobre a contorna, que ofrece unhas magníficas vistas panorámicas.

    Nesta zona, os biólogos teñen coñecemento da presenza de tobeiras de teixugos, polo que se recomenda precaución ao visitar este lugar.

     Ademais de todo isto, o lugar ofrece un sendeiro para baixar ata a cascada que forma o río Lor. Cómpre baixar devagar, xa que a pendente é pronunciada. Ao chegar ao fondo, enfronte á cascada, hai un campo onde na primavera florecen valerianas.

    Bibliografía asociada

    A pesar de hablar de un monumento natural de belleza majestuosa, no tenemos evidencia documental de obras que hablan específicamente sobre esta formación rocosa. Toda la información encontrada se deduce de la existente en el proceso general de formación geológica de la Serra do Courel. Algunas referencias en ese sentido son:

    Evolución geomorfolófica del menso hospérico peninsular de un sector comprendido entre las provincias de Lugo y Ourense (Galicia, NW de España).Juan Ramón Vidal Romaní, J. Yepes Termiño, R. Rodríguez Martínez-Conde, ADEGA Cuadernos del Laboratorio Geológico de Laxe vol. 25 Núm. - (pp. 165 a 199).

    Guía de Geolodia 2015 en la provincia de Lugo: recorrido geológico por la Serra do Courel. Juan Ramón Vidal Romaní, Aurora Grandal d'Anglade y Ramón Vila Anca.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?