Museo Geológico de Quiroga (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Courel

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

El Museo Geológico de Quiroga muestra toda la geodiversidad existente en las montañas de Courel y actúa como centro difusor de la geología como disciplina general para un público heterogéneo. El contexto científico en cuestión abarca los últimos 650 millones de años, incluyendo cuatro grandes Eras: Precámbrico, Paleozoico, Mesozoico y Cenozoico. El museo expone muestras de minerales, fósiles y restos de animales del período Cuaternario.

El museo fue reinaugurado en septiembre de 2020. El edificio fue ampliado, y reordenado, añadiéndosele nuevos contenidos, entre otros, la incorporación de los restos de Elba, la pastora mesolítica, y una estalgmita que se recoge la evolución paleoclimática de Galicia en los últimos 550.000 anos. 


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Punto de información general a visitantes
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Investigación científica

    •   Especies protegidas
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos

    Para saber más

    DESCRICIÓN E CONTEXTO XEOLÓXICO

    Quiroga é a porta de entrada á serra do Courel, e é a vila onde se empraza o centro de interpretación xeolóxica do Xeoparque Montañas do Courel.

    O museo foi inaugurado en decembro de 2011. A súa estrutura comprende unha planta rectangular cun espazo útil de 120 m2. Os muros son de xisto e o tellado de lousa. Non podía ser doutra maneira atopándonos no Courel, pois representa a esencia dos materiais que forman parte desta serra.

    Esta instalación cumpre cun dobre obxectivo. Por un lado amosa toda a xeodiversidade existente nas montañas do Courel e por outro, exerce de centro difusor da xeoloxía como disciplina xeral para un público heteroxéneo.

    O contexto científico do que se ocupa abrangue os últimos 650 millóns de anos. Abarca catro grandes Eras: Precámbrico, Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico, con detalladas informacións a nivel de formas, estruturas e materiais xeolóxicos. Tamén nos ilustra da influencia social, cultural e económica, que un espazo natural, tan grande e variado, tivo para os múltiples asentamentos humanos que o poboaron nos últimos 5 millóns de anos.

    PARA A OBSERVACIÓN

    O museo xeolóxico de Quiroga, no seu compromiso coa divulgación xeolóxica, conta con material didáctico en forma de paneis, e mostras expositivas de minerais, fósiles e restos de animais do período Cuaternario.

    Nas cinco salas expositivas pódese observar, admirar e aprender sobre xeoloxía xeral, mineraloxía, paleontoloxía e minería.

    A primeira sala está adicada “Á formación do territorio de Galicia”. Nela analízase o Pregamento de Campodola-Leixazós; inclúe tamén unha mostra de 32 minerais e 17 rochas presentes na contorna.

    A sala “Historia paleontolóxica de Galicia. A evolución da vida” mostra as distintas formas de vida nestas montañas dende tempos pretéritos. Destacan as vitrinas con fósiles auténticos e a reproducción do esqueleto do Oso das cavernas.

    Na sala da “Idade do xeo. O Pleistoceno” saliéntase a importancia da glaciación na formación do territorio. Tamén se expoñen as pegadas que os glaciares deixaron na zona.

    A sala catro está adicada ás “Primeiras ocupacións humanas” mostrando unha colección de cranios que evidencian a evolución do ser humano. Completan a exposición paneis sobre a ocupación do territorio e o uso de ferramentas.

    A última sala ocúpase da “Minaría” e nela ensínanse as diferentes técnicas de explotación mineira do ferro, lousa, rocha calcárea, antimonita e ouro.

    HORARIOS

    De luns a venres: De 11:30 – 13 h.

    Sábados, domingos e festivos: De 11 – 12 h.

    A entrada ten un custe de 1 €.

    A instalación está adaptada a persoas con discapacidade.

    Ademais da visita propiamente dita, realízanse diferentes actividades culturais ao longo do ano: presentacións de libros, exposicións temporais, andainas, etc. Tamén se realizan visitas guiadas para centros escolares.

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?

    BESbswy