Turbeira da Campa da Cespedosa
Zona de interés ecológico - Montañas de Ancares
Puntos de Interés Observer®
Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
Las turberas son un tipo de zona húmeda en las que se origina turba por acumulación de restos vegetales. La flora de las turberas es altamente especializada, adaptada a las condiciones en las que las raíces están sumergidas en mucho agua, con muy poco oxígeno disponible, y de manera habitual, con escasez de nutrientes.
Imágenes
Información al viajero
- Hoteles
- Casas Rurales
- Restaurantes
- APP de rutas
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Investigadores científicos
- Proyectos I+D+i
- Ciencia Ciudadana
Para saber más
Contexto
botánico e científico
As turbeiras son un tipo de zona húmida nas que por diferentes procesos acumuláronse restos vexetais e orixinouse turba. Aínda na actualidade conservan vexetación con potencial para seguir a formar máis turba. Nas áreas de montaña de Ancares e Courel, os procesos de glaciarismo propiciaron as condicións para a aparición de espazos aptos para o desenvolvemento de turbeiras. Isto debeuse a creación de barreiras e espazos de depresión nos que se acumulou auga que con posterioridade foi colmatada de materia orgánica. Este tipo de turbeiras denomínanse minerotróficas, nelas a auga de diversas procedencias acumúlase enchendo un oco, fronte ás ombrotróficas nas que a auga só procede da precipitación atmosférica (chuvias e néboas).
A flora das turbeiras é altamente especializada, adaptada ás condicións nas que as raíces están somerxidas en moita auga, con moi pouco osíxeno dispoñible, e de maneira habitual, con escaseza de nutrientes. Son especies pouco comúns noutros medios, polo tanto o seu hábitat e especies atópanse en diversas listaxes de protección, razón pola que só propoñemos está turbeira para aqueles que queiran descubrila e profundar no seu coñecemento.
Para a
observación
A Campa da Cespedosa é unha turbeira mineratrófica, está situada nun pequeno val por debaixo do Porto de Ancares pechado por unha morrena terminal (arcos morrénicos) froito do empuxe do glaciar. O rego de Cespedosa discorre pola zona e aporta auga de maneira continua á turbeira; é nas súas marxes onde a vexetación da turbeira está mellor representada. A superficie da turbeira ocupa case unha hectárea nas zonas onde se observa encharcamento, que é precisamente onde se poden localizar as especies de maior interese: os musgos do xénero Sphagnum. Estes musgos caracterízanse pola súa capacidade para almacenar auga nas células e formar grandes acúmulos. Son especies que se denominan transformadoras do hábitat, sendo esenciais para o proceso de formación das turbeiras. Este xénero de musgos está protexido polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
A herba algodoeira ou Eriophorum angustifolium é moi visible no principio do verán cos seus froitos algodonosos, indicándonos a presencia desta flora de turbeira. Asociadas a ela atópanse as urceiras húmidas (dominadas por Erica tetralix), a especia carnívora orvalliña ou Drosera rotundifolia, chamada tamén apañamoscas, e diversas especies de xuncos e botóns de ouro.
Traballos
científicos
No proceso de formación, as turbeiras, acumularon información sobre a xeomorfoloxía, o clima e a flora do pasado, o que as convirte nunha grande fonte de información para os científicos. Así, os investigadores dos departamentos de Edafoloxía e Botánica das universidades galegas teñén realizado distintos traballos sobre este ecosistema, incluindo esta turbeira e outras da zona de Ancares.
Un dos traballos máis relevantes é o da tese doutoral de David Romero Pedreira, Caracterización florística y fitoecológica de las turberas de las Sierras de Xistral y Ancares (NW Península Ibérica). Universidade da Coruña. 2015
Curiosidades
A turbeira da Campa de Cespedosa chega a ter unha profundidade de máis de dous metros e medio. A toma de datos dende as catas da turbeira permite extraer información cronoloxicamente ordenada. A través de estudios sobre o polen, e incluso restos de fraccións de plantas (macrofósiles vexetais), pódese reconstruír a historia da vexetación das distintas áreas. A idade da turbeira da Cespedosa estimouse en máis de 2000 anos, no entanto, non é das máis antigas de Galicia xa que se coñecen turbeiras con máis de 17000 anos. As turbeiras son un medio fráxil e as alteracións ás que se viu sometida a Campa da Cespedosa poden provocar cambios na súa estrutura. Podes colaborar no seguimento da evolución desta turbeira aportando observacións de flora no noso proxecto de ciencia cidadá: Explorer, na plataforma www.biodiversidade.eu.
Bibliografía asociada
Caracterización florística y fitoecológica de las turberas de las Sierras de Xistral y Ancares (NW Península Ibérica). Universidade da Coruña. 2015.