Valle del río Lóuzara (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Courel

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

El valle del río Lóuzara es un extenso espacio natural en el que podemos observar depósitos típicos de zonas fluviales, como cascadas, llanuras aluviales, conos de vegetación y terrazas. Además, la zona también presenta desde abundante vegetación autóctona hasta algunas especies vinculadas al clima mediterráneo, como encinas o alcornoques.


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos

    Para saber más

    O Val do río Lóuzara é unha extensa área natural pertencente ao Concello de Samos, resultado dunha serie de eventos tectónicos que acabaron por configurar a súa paisaxe actual entre os períodos Terciario e Cuaternario.

    Porén, para comprender mellor a xénese deste territorio cómpre remontarse á etapa de colisión con subducción entre Gondwana e Laurasia. Nese momento, ademais de formarse a cordilleira Hercínica, os materiais que antes da colisión litificaron baixo as augas do primitivo océano Rheico, foron comprimidos, pregados, deformados e metamorfizados. O resultado é o sustrato rochoso que conforma, non só o Val do río Lóuzara e todo Courel, senón unha parte moi importante do noroeste peninsular. Estes materiais foron erosionados fortemente durante todo o Mesozoico. No interior de Galicia esa erosión foi case exclusivamente fluvial. No Cenozoico iso cambiou. A oroxenia alpina elevou o relevo existente e inducíu una nova serie de fracturas. Como consecuencia transfórmase a rede fluvial. Algúns dos vellos ríos ou ben desaparecen por completo ou ben asimílanse noutras correntes fluviais.

    O levantamento alpino que se produce para compensar o ascenso de gran volume de material produciu a subsidencia doutras zonas, coma un xogo de ascensos e descensos do nivel do terreno. E é así como se produce a formación do Val do río Lóuzara tal e coma o coñecemos actualmente. A erosión fluvial e glaciar que sufriu a zona nos últimos dous millóns e medio de anos, acabaron por dar a forma que todos coñecemos ao Val. Neste caso foi o río Lóuzara o que se encaixou fortemente durante a elevación alpina, continuando o proceso ata a atualidade.

    PARA A OBSERVACIÓN

     O Val do río Lóuzara é unha vasta área que percorre catro parroquias do Concello de Samos: San Xoán, Gundriz, San Cristovo e Santalla. Todas elas conforman un entorno natural de incríble beleza grazas á fluencia do rio Lóuzara ao longo de 29 km.

    O río Lóuzara nace da confluencia de varios regos que baixan da serra do Rañadoiro, no Concello de Pedrafita do Cebreiro, entre eles o río Louzarela. No seu tramo inicial fai de límite entre os Concellos de Folgoso do Courel e de Samos, para logo internarse neste último, polo cal discorre a maior parte do seu percorrido, recibindo varios regos que descenden da Serra do Oribio e dos Montes de Lóuzara. Únese ao río Lor no Concello do Folgoso do Courel a uns 430 m de altitude, preto da aldea do Touzón.

    Ao longo de todo o val, podemos observar depósitos típicos de zonas fluviais, como por exemplo: fervenzas, chairas aluviais de inundación, conos de dexección e terrazas. A nivel de sedimentos temos unha mistura de fragmentos arxilosos, misturados con outros de tipo carbonatado, ademais de áreas e gravas de diferentes tamaños. O val do río Lóuzara permite tamén desfrutar de fantásticas paraxes flanqueadas por unha vexetación exuberante e principalmente autóctona: carballos, castiñeiros, bidueiros, acivros, faias, aveleiras, sabugueiros e piñeiros. Tampouco é extrano atopar sobreiras e aciñeiras, especies vencelladas a climas máis mediterráneos. Entre os arbustos abundan as queirogas, piornos, toxos e as xestas.

    TRABALLOS CIENTÍFICOS

    De maneira xenérica citamos as seguintes obras de consulta:

    • Vidal Romaní J. R.; Fernández Mosquera D.; Marti K.& Brum Ferreira A. De. (1999) Nuevos datos sobre la cronología glaciar pleistocena en el NW de la Península Ibérica. Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 24, 7-30

    • Yepes J & J.R. Vidal Romaní (2004). Análisis morfológico de la red fluvial en la cuenca de los ríos Miño y Sil (Ourense). Contribuciones recientes sobre Geomorfología, 1, 127-134

    • Yepes J & J.R. Vidal Romaní (2004). Indicios de antecedencia en la red fluvial del SE de Galicia. Estudios Geológicos, 60 (1-2), 21-35.

    CURIOSIDADES

    Antigamente funcionaban varios muíños e ferrerías como a de Gundriz ou a de Santalla de Lóuzara. Este entorno conta cunha ruta poética e escultórica na honra do poeta Fiz Vergara Vilariño (1953-1997). Este itinerario de apenas 10 Km xurdiu coma homenaxe á figura do escritor, por parte da Asociación Cultural Ergueito. A ruta divísese en trece etapas e acolle unha obra de arte por etapa ilustrada coas palabras do escritor. O itinerario discorre polos puntos que están relacionados coa vida do poeta.

    Un dos atractivos máis interesantes deste val é a Fervenza de Augadalte, unha cascada rodeada de castiñeiros dende a que se precipita un regato duns 30 m. Nace na coñecida Fonte do Barro e realiza un percorrido curto ata a caída, onde se forma unha pequena poza de auga.

    Bibliografía asociada

    • Vidal Romaní J. R .; Fernández Mosquera D .; Marti K. y Brum Ferreira A. De. (1999) Nuevos datos sobre la cronología del glaciar del Pleistoceno en el NO de la Península Ibérica. Cuadernos del Laboratorio de Geología de Laxe, 24, 7-30.

    • Yepes J & J.R. Vidal Romaní (2004). Análisis morfológico de la red fluvial en las cuencas de Miño y Sil (Ourense). Contribuciones recientes en geomorfología, 1, 127-134

    • Yepes J & J.R. Vidal Romaní (2004). Indicaciones de antecedentes en la red fluvial del SE de Galicia. Estudios geológicos, 60 (1-2), 21-35.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?