Astronomía

Localizaciones recomendadas para la observación del cielo nocturno

Rutas de Turismo Científico

Temáticas científicas


Descripción

OS CEOS ESCUROS DAS MONTAÑAS DE ANCARES E COUREL

O termo ceo nocturno é asociado habitualmente coa astronomía da Terra, e refírese á aparición nocturna de obxectos celestiais coma estrelas, planetas e Lúa que son visibles nun ceo despexado entre o atardecer e o amencer, cando o Sol está por debaixo do horizonte.

Durante unha noite despexada e sen Lúa, dende un enclave afastado da contaminación das luces das cidades, podemos contemplar nunha primeira ollada ata 3000 estrelas, aínda que a nós nos puidesen parecer moitas máis...

As estrelas máis destacadas serven como referencia para localizar outras estrelas e obxectos no firmamento, e con elas é posible orientarse perfectamente. Hoxe en día é moi difícil atopar nas cidades ceos escuros que permitan facer observacións astronómicas ou simplemente ser contemplados.

A contaminación lumínica proveniente de fontes artificiais de luz provoca o aumento do brillo do ceo nocturno, diminuíndo enormemente a súa visibilidade. Moitas veces a mala visibilidade reduce ata nun 90% a cantidade de obxectos celestes que se poden observar a simple vista.

No entanto, aínda quedan lugares onde a baixa ou nula contaminación lumínica permiten desfrutar da experiencia do turismo astronómico, a través da observación de ceos totalmente escuros.

Segundo o mapa www.lightpollutionmap.info as montañas de Ancares e Courel presentan algúns dos ceos máis escuros de Galicia.

E grazas ás especiais condicións de altitude e nula contaminación lumínica, concretamente, a serra dos Ancares é segundo este mapa, o mellor lugar de Galicia, e dos mellores da Península Ibérica, para a contemplación do ceo nocturno.

O espectáculo natural que supoñen as chuvias de estrelas: Perseidas, en agosto, e Xemínidas en decembro, son só algúns dos mellores momentos para desfrutar dos marabillosos ceos estrelados destas montañas.

CEO ESTRELADO

Puntos de Observación.

Calquera punto destas serras afastado dos núcleos de poboación principais resultaría óptimo para a observación de estrelas. No entanto, nesta guía, seleccionaremos catro lugares que, polas súas condicións de accesibilidade e altitude, son especialmente adecuados para facer actividades de turismo astronómico ou simplemente para o desfrute e contemplación do ceo estrelado.

Recomendamos equiparse adecuadamente e evitar os días de Lúa chea, ou datas próximas, xa que o seu brillo ilumina o ceo ocultando aquelas estrelas máis débiles e obxectos do ceo profundo. É moi importante consultar a predición meteorolóxica, e aprazar a observación se os días están anubrados.

Unha vez no terreo e adaptados á escuridade (proceso que tarda uns 15 minutos) debe utilizarse unha lanterna de luz vermella cando sexa necesario. E importante prestar especial atención ao frío aínda que esteamos no verán, pois ao estar quietos o corpo vai perdendo calor.


Recomendaciones para recorrerlo

Recomendamos equiparse adecuadamente y evitar los días de luna llena o fechas cercanas, ya que su brillo ilumina el cielo al ocultar las estrellas y objetos más débiles del cielo profundo. Es muy importante verificar el pronóstico del tiempo y posponer la observación si los días están nublados.

Una vez en el suelo y adaptado a la oscuridad (un proceso que dura unos 15 minutos), se debe utilizar una linterna de luz roja cuando sea necesario. Y es importante prestar especial atención al frío, incluso si estamos en verano, porque cuando se queda quieto, el cuerpo está perdiendo calor.

Puntos de Interés


Destinos

¿Tienes alguna duda?

Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

Contactar

Iniciar sesión

¿Has olvidado tu contraseña?