Anfibios de Ancares y Courel (Lugo)

Lugares de interés faunístico

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

Cualquier tipo de humedal es óptimo para encontrar anfibios, especialmente durante su época de reproducción, ya que necesitan el agua para desarrollarse. Sin embargo, los arroyos y las lagunas de montaña son los lugares donde es más fácil encontrarlos. El Pozo de Lago Maior o Lagoa da Lucenza son lugares excepcionales para la observación de especies como la rana de San Antonio o el tritón jaspeado.


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos
    Actividades destacadas de Turismo Científico

    •   Ciencia Ciudadana
    Investigación científica

    •   Seguimiento de los valores naturales

    Para saber más

    Os anfibios dependen de masas de auga para poder completar o seu ciclo vital. Durante a fase larvaria, na que se coñecen co nome de cabezolos, precisan da auga para desenvolverse ata que, logo dun proceso de metamorfose, se converten en adultos.

    Por iso é máis doado atopar os adultos dos anfibios dentro, ou nas proximidades, de todo tipo de zonas húmidas coma ríos, regatos, charcas ou lagoas, especialmente durante a súa época reprodutora, onde este tipo de zonas son imprescindibles para eles. Os adultos adoitan ser nocturnos, polo que será neste momento cando a súa observación sexa máis sinxela. No entanto, tamén poden observarse durante o día, especialmente nas épocas máis húmidas do ano.

    PARA A OBSERVACIÓN

    Na lagoa de Lucenza destaca a presenza da estroza ou ra de san Antón, Hyla molleri, onde presenta unhas densidades elevadas. Esta especie pertence a unha familia de batracios tipicamente arborícolas, os hílidos, onde desenvolven gran parte da súa vida. Habitualmente suben polas árbores e matogueiras para situarse en zonas protexidas e cálidas, onde poidan facer os seus ruidosos cantos para atraer ás femias. Esta especie está acompañada por dous anfibios máis na lagoa, o limpafontes verde, Triturus marmoratus, e o limpafontes palmado, Lissotriton helveticus.

    Hai poucas especies que se podan ver nesta zona húmida do Courel onde, pola contra, existen moi boas poboacións de reptís, probablemente debido ás elevadas pendentes da zona, ás altas temperaturas do verán e a presenza de substrato xeolóxico calcario, que fai que as zonas húmidas escaseen na zona.

    Nos Ancares, no entanto, resulta moi habitual poder observar anfibios, en especial a ra vermella, Rana temporaria. É unha especie típica de ambientes fríos e húmidos e pode verse nas turbeiras e lagoas de montaña da serra, e nas partes máis baixas da montaña lucense, prados e carballeiras húmidas. Pola contra, non está presente nas zonas máis cálidas e secas, como pode ser o val do río Sil ou a serra do Courel.

    Outra especie de ra parda, que se distingue da ra vermella por ter as patas traseiras moi longas, e a barriga moi pigmentada, é a ra dos regos, Rana iberica. Como indica o seu nome en galego vive nos regos, regatos e ríos destas montañas, onde resulta moi abondosa e fácil de observar.

    CURIOSIDADES

    A maioría das lagoas destas montaña secan durante o verán, como sucede no caso do Pozo do Lago Maior. No entanto, isto non fai que estean sen vida, senón que as especies teñen que adaptarse a estas condicións. No caso das larvas de anfibios, adaptan a súa actividade, e se a lagoa seca con celeridade, prodúcese a metamorfose dun modo rápido para facer que as crías poidan saír da auga antes de que esta desapareza por completo, e así poder sobrevivir, xa que as larvas non son capaces de vivir fóra da auga.

     No caso das libélulas, concretamente o lavacú azafrán, Sympetrum flaveolum, os machos e femias únense durante a cópula no denominado tándem e, logo de reproducirse, as femias van poñendo os ovos no barro húmido, agarradas polos machos para evitar que outros se poidan reproducir con elas e así asegurarse que toda a descendencia da femia sexa súa. Ao chegar as primeiras choivas outonais, as larvas saen dos ovos que os protexeron durante a época de seca.

    Bibliografía asociada

    Debemos tener en cuenta una obra de gran interés para conocer las diferentes especies de anfibios y reptiles que habitan el territorio gallego:

    •  Galán, P. & Fernández-Arias, G. 1993. Anfibios e réptiles de Galicia. Edicións Xerais de Galicia.

    Aún más actual, y de un alcance geográfico más amplio, destaca un trabajo imprescindible para conocer a los anfibios y reptiles europeos:

    •  Speybroeck, J.; Beukema, W.; Bok, B., Van Der Voort, J. & Velikov, I. 2016. Field guide to the amphibians and reptiles of Britain and Europe. Bloosbury.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?