Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
O semáforo é un edificio de dúas plantas fabricado en granito cuxa estrutura foi crecendo ao longo dos anos. Accédese a el a través dun atrio na zona sur.
En 1944 aprobouse a a Organización da fronte marítima de Ferrol e con ela os postos de mando de Xefe do Sector e Xefe de Iluminación en Monte Ventoso, que esixían algúns espazos físicos, como postos de observación, posto de comunicacións, gabinete de traballo ou área de descanso. Todos eles orientados ao mar.
Os túneles de acceso e comunicación aos postos de mando, que se identifican facilmente xa que están cubertos por unha visera redonda que só deixa unha liña de visión, son un dos maiores atractivos da zona, ademais das impresionantes vistas sobre Doniños. Constituían un bo refuxio en si mesmos, pois estaban preparados para soportar bombas de ata 1.000 kg. Na entrada do complexo, que permanece escondida a uns 200 metros do semáforo no propio camiño de acceso a este, sitúanse os locais para tropa de artillería, transmisións e os servizos hixiénicos.
Imágenes
Vídeos
Información al viajero
- Hoteles
- Restaurantes
- Punto de información general a visitantes
- Itinerarios científicos
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Empresas de actividades
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
- Investigadores científicos
- Coche
- Fotografía científica
- Avistamiento de cetáceos
- Avistamiento de aves
- Observación de estrellas
- Rutas etnográficas
- Rutas geológicas
Para saber más
As vixías, fachos, atalaias ou torres de vixilancia son construcións antiquísimas. Situadas en puntos elevados, servían para avistar con rapidez os posibles perigos e avisar á comunidade. En Galicia estes puntos existiron desde, polo menos, as sociedades celtas. Nas súas orixes tratábanse de simples torres de pedra. Coa proliferación das invasións por mar, a partir do século X, estas atalaias, que se comunicaban con outras veciñas mediante sinais de lume ou fume, fóronse multiplicando e mellorando.
Cumpriron o seu labor durante séculos. Así, consérvase unha orde de 1495 dos Reis Católicos ao gobernador de Galicia que di: “Que en toda a costa do mar deste Reino póñase moita garda e recabdo, en todos os lugares de velas e roldas de noite gardas de día ás portas e atalaias de día, para aver os navíos que vén pola mar”. Existen testemuños do século XVIII que sitúan dúas destas vixías en cabo Prior e Monte Ventoso. Desde esta última alertouse, en 1800, da chegada de naves inglesas dispostas a atacar Ferrol.
Os avances en comunicacións provocaron o abandono destas vixías, como ocorreu en Prior, ou a súa adaptación a edificios máis modernos, como en Monte Ventoso.
HISTORIA
No século XIX había un gran interese, tanto civil como militar, na expansión das comunicacións por terra e mar. Por este motivo, en 1876 estableceuse unha comisión mixta entre a Mariña e Telégrafos que tiña como obxectivo liquidar esta problemática cunha rede de electro semáforos: sistema de comunicación mediante luces, ao redor da costa española.
En Galicia construíronse tres destes semáforos, concretamente en Estaca de Bares, Fisterra e Monte Ventoso. Este último comezou a súa actividade o 15 de outubro de 1881, pero antes de que terminase o século, o seu sistema modernizouse con cableado que permitía a comunicación telegráfica. O desenvolvemento da radio acabaría desbancando tamén ese sistema.
En 1945 o semáforo comezou a operar tamén como observatorio meteorolóxico. O Instituto Hidrográfico publicou en 1993 que, rexistrábase “unha media anual 149 días de choiva, 4 de saraiba e 9 de tormenta, ademais de 72 de néboa, magnífica para a defensa”.
O semáforo estivo operativo ata os anos noventa, a partir dos cales foi abandonado.
Bibliografía asociada
- - Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de A Coruña.
- - Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español: https://www.ugr.es
- - Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748.
- - Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
- - Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55.
- - Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2