Meandro de A Cubela (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Courel

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

En la parroquia de Cubela del condado de Ribas do Sil, el río Sil forma un meandro con una geometría excepcional, a través de pizarras, micaesquistos y cuarcitas del período Ordovícico inferior pertenecientes a la formación Ollo de Sapo. Además del valor del paisaje, este punto de interés geológico insertado en el contexto de Ribeira Sacra  muestra un proceso evolutivo natural del propio perfil del lecho del río.


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos
    Investigación científica

    •   Proyectos I+D+i
    Cómo llegar?

    •   Barco

    Para saber más

    Na parroquia da Cubela do Concello de Ribas do Sil, o río Sil forma un meandro cunha xeometría excepcional, atravesando lousas, micaxistos e cuarcitas do período Ordovícico inferior pertencentes á formación Ollo de Sapo.

    Ademais do valor paisaxístico, este punto de interese xeolóxico inserido no contexto da Ribeira Sacra representa a testemuña do ciclo vital dos ríos a escala de tempos xeolóxicos, xa que amosa un proceso evolutivo natural do propio perfil do leito fluvial.

     Na Cubela, o río Sil nunha fase de madurez fluvial, atravesa un substrato rochoso de durezas variables. Grazas ao seu enorme poder de modelaxe da paisaxe, o río curvase ata acadar os 180 graos nun proceso lento pero inexorable e que acabará por estrangulalo dentro dalgúns millóns de anos.

    Así, o que hoxe é un fermoso meandro extremadamente curvado, transformarase nunha especie de lagoa semilunar que posteriormente se colmatará de novos aportes de sedimentos. O perfil do río Sil, sinuoso na actualidade, modificarase adoptando un perfil máis rectilíneo, o que lle suporá un menor custo enerxético de cara a continuar realizando o seu traballo de transporte e depósito de sedimentos en zonas de curso baixo.

    PARA A OBSERVACIÓN

    O río Sil leva erosionando o substrato hercínico dende tempos do período Cretácico: hai uns 70 millóns de anos. Neste tempo foi modelando e transformando unha penechaira rochosa nunha sucesión de vales, máis ou menos encaixados segundo as diferentes litoloxías que vai encontrando de camiño á confluencia co río Miño nos Peares.

    De aí o termo canón: val profundo con paredes subverticais escavado por un río. A devandita escavación considérase un rexuvenecemento dos leitos fluviais. O rexuvenecemento non é mais que a elevación relativa con respecto ao nivel do mar dunha zona orixinada por un sistema de drenaxe maduro. As correntes cuxo nivel de base descenderon, erosionan moi rapidamente o terreo, co gallo de volver a formar un perfil lonxitudinal de equilibrio.

    No meandro da Cubela, o río Sil atopa un afloramento de cuarcitas; rochas bastante duras. Ese obstáculo é salvado mediante un rodeo describindo una curva. Na parte máis externa da curva prodúcese unha gran erosión debida á forza da auga. Por outra banda, na parte máis interna da curva, a auga leva pouca velocidade polo que se dá una sedimentación considerable.

    A intensa erosión vai desgastando progresivamente as rochas duras que o río Sil tenta evitar. É precisamente ese punto do proceso erosionador o que podemos observar no meandro da Cubela. A súa evolución fará que a corrente fluvial erosione completamente as cuarcitas e o río Sil flúa dentro de millóns de anos polo itinerario máis curto, abandonando o antigo cauce do meandro.

    TRABALLOS CIENTÍFICOS

     Saliéntase:

    • Serie Nova Terra Nro. 21 Geomorfología de un sector comprendido entre las provincias de Lugo y Ourense (Galicia, Macizo Hespérico) J. Yepes Termiño. Edicións do Castro, Coruña, A (España)

    • Capítulo 6. El Relieve Actual De Galicia. Tomo XXXVI. Historia Natural. Geología. (Páxinas 307 á 341) Juan Ramón Vidal Romaní Vol. Hércules Ediciones, S.A..ISBN: 84-87244-88-2

    • Geomorfología De Galicia. Juan Ramón Vidal Romaní. Universidad de Alicante. (Páxinas 36 a 60).

    CURIOSIDADES

     Existen dous roteiros de sendeirismo que saíndo do complexo turístico de Augasmestas pasan por a Cubela a metade de circuíto. Un deles é un roteiro oficial e está sinalizado, mentres que o outro non está sinalizado pero é considerado o orixinal. Ambos os dous comparten a meirande parte do percorrido circular durante 18 quilómetros. A diferenza reside en que a ruta orixinal visita as aldeas de San Lourenzo e Moreiras de Abaixo.

    Máis alá de atravesar lugares de gran valor ecolóxico caracterizados pola presenza de especies de flora típicas de ambientes mediterráneos, coma aciñeiras, sobreiras ou érbedos, a propia aldea da Cubela presenta un elevado valor etnográfico tendo sido restaurada con fondos da UE. Na veciña aldea de Tórbeo hai unha interesante igrexa románica do século XII.

    Bibliografía asociada

    • Serie Nova Terra Nro. 21 Geomorfología de un sector entre las provincias de Lugo y Ourense (Galicia, Macizo Hespérico) J. Yepes Termiño. Edicións Castro, A Coruña, A (España)
    • Capítulo 6. El Alivio Actual de Galicia. Volumen XXXVI. Historia natural Geología (Páginas 307 a 341) Juan Ramón Vidal Romaní Vol. Hércules Ediciones, S.A..ISBN: 84-87244-88-2
    • Geomorfología de Galicia. Juan Ramón Vidal Romaní. Universidad de alicante. (Páginas 36 a 60).

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?