Nacimiento del Río Eo (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Ancares

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

El río Eo nace en Fonteo como un cauce que reúne las aguas de la Serra do Mirador. La ubicación exacta del nacimiento del río se inserta en un complejo lúdico e informativo llamado "Área recreativa del nacimiento del río Eo". Este complejo ambiental, incluye el naciente en sí y un Centro de Interpretación Ambiental, así como algunos elementos de la etnografía popular. 


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos

    Para saber más

    DESCRICIÓN E CONTEXTO XEOLÓXICO

    Galicia é o país dos mil ríos, e un dos máis emblemáticos é precisamente o río Eo. Case cen quilómetros de curso de auga dende o nacemento ata a desembocadura, delimitan a transición entre Galicia e Asturias. As súas augas discorren polos concellos galegos de Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, A Pontenova, Trabada, Ribadeo e os asturianos San Tirso de Abres e Vegadeo.

    O río Eo nace en Fonteo como cauce fluvial que recolle as augas da serra do Mirador. A composición de dita serra inclúe rochas metamórficas como xistos e cuarcitas, que en enclaves localizados intercalan calcáreas.

    Todas estas litoloxías están datadas na idade do Cámbrico, o primeiro dos períodos da era Paleozóica. Estes materiais foron depositados nunha plataforma mariña somera, durante un período de tempo no que o nivel do mar ascendía, de maneira que os sedimentos máis modernos se enterraron en zonas cada vez máis profundas. Foi nese proceso cando se deposita a denominada cuarcita de Candana, predominante neste punto, que é unha formación de tipo detrítico, isto é, composta de fragmentos, ou clastos, de rocha e minerais previamente existentes acumulados mecánicamente.

    Tras a etapa deposicional entra en xogo a fase de deformación tectónica que ocorreu en dous momentos xeolóxicos diferentes. Primeiro producíuse a unha deformación na Oroxenia Varisca que transformou a primitiva cunca sedimentaria nunha zona de relevo emerxido. Despois, xa na Era Cenozoica, a Oroxenia Alpina reactiva os vellos terrenos variscos erosionados polo paso do tempo, levantando a orografía existente.

     Este novo movemento oroxénico trae consigo una nova rede de fracturación en dirección N-S, cuxo resultado foi o aliñamento de montañas e o encaixonamento de cursos de agua seguindo esa dirección. A serra do Mirador é un exemplo de levantamento e reorientación do terreno como consecuencia da fracturación tectónica alpina producida pola prolongación do eixo Cantábrico-Pirenaico.

    PARA A OBSERVACIÓN

    O lugar exacto do nacemento do río Eo insérese nun complexo lúdico e divulgativo chamado “Area recreativa do nacemento do río Eo”. Este complexo ambiental, a pé de estrada, inclúe o nacente propiamente dito e un Centro de Interpretación Ambiental, ademais dalgúns elementos da etnografía popular, coma un forno ou un hórreo recentemente rehabilitados. A maior parte do espazo foi construído utilizando materiais autóctonos.

    Este punto do Concello de Baleira presenta un elevado interese didáctico grazas a unha exposición permanente sobre o río Eo e aos seus trazos fundamentais da serra da Marronda.

    Esta serra contén un bosque autóctono de 611 hectáreas de natureza pura, cunha altitude de entre 450 e 925 m con especies arbóreas como faias, castiñeiros, carballos, aveleiras, acivros, salgueiros ou estripeiros.

    TRABALLOS CIENTÍFICOS

    O Eo forma parte desde o ano 2007 da declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera de Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Este grao de protección ambiental busca reforzar a necesidade de protexer espazos naturais de maneira sustentable co gallo de preservar os todos os seus recursos: naturais, económicos e culturais. No documento de constitución da Reserva poden consultarse todos os datos relativos á conformación de tan vasta cunca fluvial baixo diferentes perspectivas: natural, económica e legal.

     CURIOSIDADES                                                              

    O nome do río Eo provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemuña o naturalista e militar romano Plinio o Vello ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á ría.

    Bibliografía asociada

    El río Eo forma parte desde el año 2007 de la declarada por la UNESCO “Reserva de la Biosfera de Río Eo, Oscos y Terras de Burón”. Este grado de protección ambiental busca reforzar la necesidad de proteger los espacios naturales de manera sostenible para preservar todos sus recursos: naturales, económicos y culturales. En el documento de constitución de la Reserva, todos los datos relacionados con la conformación de una cuenca tan grande pueden consultarse desde diferentes perspectivas: natural, económica y legal.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?