Pico do Mustallar (Lugo)
Lugar de interés geológico - Montañas de Ancares
Puntos de Interés Observer®
Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
El Pico do Mustallar es una elevación de casi 2000 metros de altura, en medio de una sucesión de valles fuertemente encajados generados por diferentes ríos. Además, es un reflejo de la fuerte actividad glaciar, periglaciar y aluvial de los últimos dos millones de años.
Imágenes
Información al viajero
- Hoteles
- Casas Rurales
- Restaurantes
- APP de rutas
- Itinerarios científicos
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
- Investigadores científicos
- Proyectos I+D+i
Para saber más
DESCRICIÓN
E CONTEXTO XEOLÓXICO
O Pico do Mustallar é unha elevación de case 2000 m de altura que sirve de fronteira natural entre dúas provincias: Lugo e León.
Aínda que os Ancares é una serra moi heteroxénea no tocante á súa xeoloxía, os materiais que a configuran pertencen ao macizo Hercínico. Predominan as rochas de natureza silícea coma as cuarcitas, as pedras de gran e as lousas dispostas en series, de potencia variáble, con intrusións graníticas, mais algún que outro contacto con niveis carbonatados de dolomías e calcarias.
As rochas descritas, datadas do Precámbrico e Paleozoico, foron pregadas durante a Oroxenia Hercínica formando un relevo abrupto que posteriormente sería suavizado en varias fases: primeiro desmantelándose e quedando arrasado durante o Mesozoico, e despois, sendo esculpido pola acción da modelaxe glaciar durante o Cuaternario. A incesante actividade glaciar, periglaciar e aluvial dos últimos dous millóns de anos, dispuxo en superficie potentes capas de materiais que non gardan necesariamente unha concordancia litolóxica co sustrato paleozoico sobre o que xacen. Nesa zona, grandes vales de ata 800 metros de profundidade foron escavados, así coma outras formas típicas destas paisaxes glaciares: circos glaciares, superficies pulidas, morrenas, e o impoñente pico Mustallar, que aínda conserva o seu aspecto anguloso característico, por causa do espeso manto de xeo que albergou no pasado.
PARA A
OBSERVACIÓN
O Pico do Mustallar é una elevación no medio dunha sucesión de vales fortemente encaixados. Eses vales foron xerados polos ríos Vara, Ser, Rao, Cervantes, Quindous e Balouta, do lado da vertente galega.
A montaña está composta por unha mestura de lousas, cuarcitas e pedras de gran, e foi modelada tanto pola acción fluvial, coma polo glaciarismo. En consecuencia, creouse una paisaxe de fortes desniveis, nalgúns casos con pendentes superiores ao 35%.
Son frecuentes as crestas alombadas de cumios planos, que contrastan coa elevada verticalidade das ladeiras, resaltando ocasionalmente crestas cuarcíticas. A parte máis escarpada do pico atinxe desniveis rochosos de máis de 400 metros e unha pendente de case 90º.
Coa retirada dos xeos, hai aproximadamente dez mil anos, este relevo glaciar permitiu a aparición de distintos humedais, como pequenas lagoas de orixe glaciar. Grazas á colmatación das augas estancadas, xeráronse as turbeiras. Esa colmatación viuse favorecida pola subida da temperatura e a reducción da drenaxe natural.
TRABALLOS
CIENTÍFICOS
• Pérez Alberti A, Rodríguez Guitián MA, Valcárcel Díaz M (1992) El modelado glaciar en la vertiente oriental de la Sierra de Ancares (Noroeste de la Península Ibérica). Papeles de Geografía 18, 39-51.
• Pérez Alberti A, Rodríguez Guitián MA, Valcárcel Díaz M (1992) Procesos glaciares en la Sierra de Ancares: Valles de Piornedo y Suárbol (NO Ibérico) Tomo I, 403-412.
• Vidal Romani J.R. 1966. Geomorfología de Galicia. Tomo XVII. Hércules de Ediciones. S.A. A Coruña. 36-60 págs.
• VIDAL ROMANI, J. R.; MACIAS, F.; PEREZ, A.; JATO, V.; PENAS, X. M.; VALES, C.; DIAZ-FIERROS, F. (1986) O meio natural galego. Edicios do Castro. O Castro, Sada, A Coruña., 207 págs.
CURIOSIDADES
Ademais da beleza natural da paisaxe, que inclúe vales e montañas, suxírese visitar a aldea de Piornedo, lugar pintoresco da montaña lucense, e punto de interese seleccionado no ITINERARIO DA HISTORIA desta Guía.
Piornedo está formado por pallozas, unha construción circular de pedra e tellado cónico de palla. Esta clase de vivenda é moi eficiente para condicións climáticas extremas, xa que illa tanto da neve coma do excesivo calor estival. Unha destas pallozas, a denominada Casa do Sesto, está musealizada para dar a coñecer como era a vida nestas singulares construcións.
Bibliografía asociada
Pérez Alberti La, Rodríguez Guitián ME La, Valcárcel Díaz M (1992) El modelado glaciar en lana vertiente oriental de lana Sierra de Ancares (Noroeste de lana Península Ibérica). Papeles de Geografía 18, 39-51.
Pérez Alberti La, Rodríguez Guitián ME La, Valcárcel Díaz M (1992) Procesos glaciares en lana Sierra de Ancares: Valles de Piornedo y Suárbol (EN El Ibérico). Tomo I, 403-412