Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
El Val das Mouras es un afloramiento de piedra caliza en el que el agua hizo cuevas espectaculares que en algún momento se hundieron formando torcas o dolinas, hundiéndose en los relieves kársticos. Dentro del lugar hay un bosque de castaños llamado "O souto de Mercurín", en el que podemos encontrar diversas especies botánicas de interés.
Imágenes
Información al viajero
- Hoteles
- Casas Rurales
- Restaurantes
- APP de rutas
- Itinerarios científicos
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
Para saber más
DESCRICIÓN
E CONTEXTO XEOLÓXICO
O Val das Mouras é un dos conxuntos xeolóxicos máis importantes de Galicia. Trátase dun afloramento calcario no que auga fixo espectaculares covas que nun determinado momento se afundiron formando torcas ou dolinas, afundimentos dos releves kársticos. Abrangue arredor dunhas 5 hectáreas de superficie. A ocorrencia de rochas calcarias en Galicia é una singularidade, pois a súa historia xeolóxica comprende materiais fundamentalmente metamórficos e magmáticos. É entre esta secuencia de rochas cristalinas sobre a que van aparecer estreitas faixas de rochas calcarias cuxa orixe nos remite aos primeiros tempos da Era paleozoica. Naquela altura a Terra tiña una disposición de masas continentais moi diferente da actual, e case todas as terras emerxidas estaban ubicadas xeograficamente no hemisferio sur, en latitudes tropicais ou subtropicais. Esa posición xeográfica, unida ás condicións paleoclimáticas da época (aridez, abundancia de CO2 na atmósfera e salinidade axeitada) favoreceron a sedimentación carbonatada en mares pouco profundos, grazas á disgregación das cunchas calcáreas dos organismos mariños que habitaban aquelas augas. Ese lodo carbonatado dispúxose ao longo da costa do continente Gondwana en camadas paralelas que se foron enterrando co paso de millóns de anos por deposición sucesiva de novo sedimento. O aumento de presión e temperatura en profundidade, xunto coa ausencia de osíxeno, deron lugar á compactación e cementación desa masa carbonatada creando o que hoxe observamos como rochas calcáreas.
PARA A OBSERVACIÓN
Xeoloxicamente, o Val das Mouras é un ecokarst: unha forma de paisaxe típicamente calcaria denudada pola propia evolución do proceso de disolución destas rochas. A extraordinaria deformación tectónica que sofreu o Courel na súa formación, xerou fendas e discontinuidades nas rochas, que permitiron a infiltración de auga ata niveis profundos do terreno. No caso concreto deste lugar, a rede de fendas en orixe era ortogonal, polo que a disolución da rocha creou una especie de laberinto de grandes blocos rochosos entre corredores de caprichosas formas, dando lugar a un espazo natural de incríble beleza. Nos inicios, a auga durante a fase de infiltración e disolución foi orixinando lapiazes, dolinas e covas de estalagmitas e estalagtitas, desaparecidas na actualidade polo desmoronamento das súas estruturas internas (endokarst). Con todo, o proceso detívose, xa que a base calcaria do Val das Mouras descansa sobre un estrato de rocha máis insoluble, e porque o nivel do rio Lor evolucionou por debaixo do nivel destes estratos, afectando o seu poder erosionador a outras zonas.
TRABALLOS
CIENTÍFICOS
Aínda que o Val das Mouras é ben coñecido pola comunidade científica galega, non moita xente fora dese eido sabe da súa existencia. Tampouco existen moitas referencias bibliográficas específicas sobre o devandito lugar. A Sociedade Xeolóxica Española adicou no 2015 o Xeolodía á Serra do Courel, sendo o Val das Mouras una visita obrigada. En internet é posible consultar a guía didáctica desa actividade baixo o título: “Percorrido xeolóxico pola Serra do Courel”.
CURIOSIDADES
O espeso manto vexetal que tapiza a zona, entrelazado de maneira armoniosa coas formas rochosas, contribúe a aumentar a maxia do lugar, xa que no interior do Val das Mouras atópase un souto de castiñeiros chamado "O souto de Mercurín". Neste souto, ademais dos castiñeiros, pódense atopar outras especies botánicas de especial interese, coma fentos, musgos, liques, orquídeas asociadas ás rochas calcarias, carballos, teixos, acibos ou bidueiros, entre outras especies. Todo ese conxunto fai que a cor dos carotenos e xantofilas das follas, das diferentes especies vexetais, muden do verde intenso da primavera e o verán, cara tons ocres e amarelos propios do outono. Vale a pena salientar que o nome de Val das Mouras conduce ás míticas lendas galegas que relatan que en tempos pretéritos habitaba no lugar una moura moi fermosa, e que algún espléndido tesouro se atopaba agochado nese mesmo sitio. Con todo, os veciños do lugar atribúen a denominación “mouro/moura” a persoas que vivían dentro das covas. Sexa como fose, o Val das Mouras é un lugar de elevado interese científico, antropolóxico e cultural que deixa fascinado a todo aquel que o visita.
Bibliografía asociada
Aunque el Val das Mouras es bien conocido por la comunidad científica gallega, no muchas personas han sido conscientes de su existencia. Tampoco hay referencias específicas a este sitio. La Sociedad Geológica Española dedicó en 2015 el Geolodía a la Serra do Courel, siendo el Val das Mouras una visita obligada. En Internet, puede consultar la guía didáctica de esta actividad bajo el título: "Recorrido geológico por la Serra do Courel".