Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
O cabo Prioriño alberga o grupo de baterías tamén denominado de Pieiro, formado polas baterías de costa de Pena Roiba e Lobateiras e a súa correspondente Antiaérea, tal e como estaba recollido no Plan de Artillado da Fronte Marítima das Bases Navais de Ferrol-Coruña, Cartaxena e Mahón. Este foi promovido polo xeneral Primo de Rivera en 1926 para modernizar as defensas costeiras españolas e así poder facer fronte aos perigos que a Primeira Guerra Mundial evidenciara, como os grandes acoirazados.
En Galicia o plan establecía puntos de defensa en Campelo (norte de Ferrol), cabo Prior e cabo Prioriño (Ferrol) e San Pedro (A Coruña). Todos contarían con dúas baterías costeiras e unha antiaérea.
ESTRUCTURA
O plan de Primo de Rivera especificaba a artillería para cada un dos enclaves. A Prioriño destináronse dous canóns de 38,10 cm; catro canóns de 15,24 cm; oito canóns de 10,5 cm; seis obuses de aceiro de 24 cm e seis canóns de aceiro de 24 cm, aínda que esta última artillería non chegou a instalarse e catro dos canóns de 10,5 cm destináronse a outro complexo, o de Montefaro.
A batería de Lobateiras foi a primeira do grupo en iniciar a súa construción no ano 1930. A ela chégase a través do camiño de terra que parte, a man dereita, da estrada de Pieiro, pouco antes de chegar ao faro de Prioriño. As primeiras construcións que aparecen son os cuarteis destinados ao persoal. Son todos de planta baixa para non ser divisados facilmente. Aquí atópanse as áreas destinadas ao descanso e servizo, pero tamén o almacén de pólvora e ferramentas.
Imágenes
Vídeos
Audioguía
Información al viajero
- Hoteles
- Restaurantes
- Itinerarios científicos
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Empresas de actividades
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
- Investigadores científicos
- Coche
- Fotografía científica
- Avistamiento de cetáceos
- Avistamiento de aves
- Observación de estrellas
- Rutas etnográficas
- Rutas geológicas
- Rutas botánicas
Para saber más
Na zona elevada escóndense os pozos nos que se asentaban os canóns. A Lobateiras destináronse catro canóns da casa británica Vickers de 10,50 cm e dous canóns Vickers de 38,10 cm. Houbo que construír, nos estaleiros locais, guindastres de 100 tn específicos para a montaxe destas armas nas súas correspondentes posicións.
Desde aquí, se se descende cara ao mar, o camiño de terra conduce a Pena Roiba, onde aparece a segunda batería, para a que estaban destinados os catro canóns Vickers de 15,24 cm. Este complexo quedou operativo en 1933 e, como na anterior, ademais dos pozos dos canóns tamén permanecen en pé dependencias para o persoal.
Para visitar a batería antiaérea pódese chegar camiñando, a 200 m ao noroeste da de Lobateiras. Aquí vixiaban os catro canóns de 10,50 cm. As baterías antiaéreas estaban construídas de forma monolítica polo que as catro pezas estaban artilladas todas xuntas. O seu labor era a defensa antiaérea do grupo en primeiro lugar, pero tamén a protección de embarcacións como dragaminas e outras de pequena tonelaxe.
A revisión das baterías antiaéreas a finais dos anos 30 reforzou a artillería de todas elas. A Prioriño desígnaselle un canón de 40 mm situado nas inmediacións da antiga batería antiaérea e dúas de 20 mm, emprazados ao norte e retagarda. Tamén se instalaron metralladoras e asentou un canón de 20 mm en Pena Roiba.
A instalación destas baterías provocou o desenvolvemento de estradas e camiños, tanto para trasladar as pezas durante a súa montaxe, como para comunicar os diferentes grupos entre eles. Todas estas estradas estaban enlazadas coas públicas para facilitar o despregamento, así como para asegurar a ligazón con outros servizos como polvoreiras, iluminación da fronte, defensa antiaérea, postos de mando, etcétera.
En 1997 o complexo foi declarado inútil e os seus canóns convertidos en chatarra. Hoxe tan só quedan os impoñentes pozos nos que se ensamblaban.
BAUTISMO DE LUME
Prioriño nunca entrou en batalla, pero a súa presenza foi disuasoria durante a Segunda Guerra Mundial e garantiu a seguridade de Ferrol. As baterías antiaéreas si fixeron gala da súa capacidade nalgunha ocasión con disparos de advertencia a avións aliados que violaron o espazo aéreo español en busca de buques ou submarinos alemáns, que se crían refuxiados nas bases ferrolás. O 16 de agosto de 1943 o submarino español B-2 foi atacado preto do cabo Prioriño, seguramente confundido cun alemán.
Bibliografía asociada
- - Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de A Coruña.
- - Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español: https://www.ugr.es
- - Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748.
- - Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
- - Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55.
- - Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2