Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
La Serra do Courel y, en particular, sus afloramientos de piedra caliza, con las especies vegetales asociados a estos, son importantes para el mantenimiento de las poblaciones de mariposas en el área. Las mariposas son uno de los grupos de insectos más abundantes, diversos y fáciles de observar en todo el territorio. Sin embargo, sugerimos visitar el afloramiento calizo de Carbedo para poder observarlas.
Imágenes
Información al viajero
- Hoteles
- Restaurantes
- Proyectos I+D+i
- Ciencia Ciudadana
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
Para saber más
As
bolboretas pertencen á orde dos lepidópteros, que se caracterizan por que as
súas alas presentan unhas pequenas escamas que as protexen. Dentro dos
lepidópteros hai dous grupos ben caracterizados a nivel ecolóxico, pero non
tanto a nivel taxonómico. Por unha banda, as bolboretas diúrnas presentan unhas
cores rechamantes na maioría das súas especies e o seu tamaño é habitualmente
maior, e tal como o seu nome indica, adoitan voar de día. Por outra banda, as
avelaíñas son especies moito máis delicadas e pequenas, habitualmente de cores
apagadas pero que cando nos fixamos nelas, podemos observar que teñen uns
patróns de coloración moi rechamantes e que, en numerosas ocasións, as alas
posteriores teñen cores moi vistosas pero que son tapadas polas anteriores para
evitar aos depredadores.
PARA A OBSERVACIÓN
Son
especies que presentan dúas fases moi marcadas, unha inicial de larvas pouco
móbiles e que se alimentan de plantas nutricias e unha segunda fase voadora á
que chegan logo dun proceso de metamorfose. É nesta última fase cando a súa
observación é máis sinxela debido ao seu comportamento voador e as súas cores
rechamantes.
Nas
abas do afloramento calcario de Carbedo, así como noutros afloramentos
calcarios da serra do Courel, como as súas microrreservas de flora, podemos
observar excelentes poboacións da bolboreta Aricia
morronensis, incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas baixo o
epígrafe de Vulnerable. As eirugas desta especie aliméntanse case de maneira
exclusiva na serra do Courel de Erodium
glandulosum, así como outras especies próximas do xénero. A serra do Courel
e, en especial, os seus afloramentos calcarios son importantes para o
mantemento das poboacións de bolboretas da zona.
Nas
zonas máis altas do val de Piornedo, concretamente na Golada do Mustallar, pode
observarse a Apolo, Parnassius apollo,
unha bolboreta de gran tamaño, de cores brancas e negras con ocelos vermellos.
A especie depende da presenza das súas plantas nutricias, os Sedum, que adoitan
desenvolverse en zonas pedregosas e con pouco solo. As súas poboacións están
gravemente ameazadas polo efecto do cambio climático, sobre todo nas poboacións
situadas ao sur da súa área de distribución, como é o caso daquelas dos
Ancares.
Nas
zonas baixas das montañas de Ancares e Courel podemos observar numerosas
especies de bolboretas asociadas a prados húmidos. Unha das especies máis
habituais é a Anthocharis cardamines,
que se caracteriza por que os machos son de cor branca coas puntas das alas
anteriores de laranxa intenso.
As
larvas deste especie poden alimentarse de varias plantas, pero unha das máis
usadas é a Cardamine pratensis,
especie típica de prados húmidos de sega moi ben conservadas. Por iso, a
intensificación agrícola produce a diminución das poboacións da planta nutricia
desta especie e, polo tanto, a bolboreta remata reducindo o seu número ou mesmo
extinguíndose.
CURIOSIDADES
A
maior parte dos lepidópteros, é dicir, bolboretas, trazas e avelaíñas, son
polinizadores. En xeral, as flores polinizadas polos lepidópteros son
tubulares, adaptadas ao aparello bucal dos mesmos. Os seus órganos bucais
forman un longo tubo, chamado espiritrompa, especializado unicamente en sacar o
néctar das flores, polo que os adultos non poden comer alimentos sólidos. Só
algunhas especies de bolboretas poden tamén alimentarse de pole, e iso só
despois de disolver os seus nutrientes co néctar e absorbelos como líquidos.
É por iso que as bolboretas son vitais para o
desenvolvemento adecuado de todas as funcións básicas dos ecosistemas, xa que a
polinización é un dos procesos máis importantes.
Bibliografía asociada
Las
mariposas son un grupo amplio, diverso y fácil de identificar debido a su color
y tamaño. Por lo tanto, es muy divertido conocer las diferentes especies que
habitan un lugar en particular y cualquiera puede hacerlo con un poco de tiempo
y paciencia. Para esto, recomendamos el siguiente libro:
•
Tolman, T. & Lewington, R. 2011. Mariposas
de España y Europa. Lyns Edicions.
Asimismo,
es muy interesante conocer las diferentes especies de polillas existentes. Sin
embargo, al ser un grupo muy amplio y la complejidad de identificar especies
más pequeñas, recomendamos leer un libro que está adaptado para la
identificación de especies más grandes:
•
Townsend, M: Waring, P. & Lewington, R. 2007. Concise guide to the moths of Great Britain and Ireland. Bloomsbury.