Batería militar de San Carlos

Ferrol, A Coruña

Puntos de Interés Observer®
Accede a otros contenidos y audioguías en:     

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

Esta batería construíuse entre 1731 e 1739 nun punto estratéxico, pola súa proximidade ao castelo de San Felipe e porque o saínte sobre o que se alza, denominado Rabo de Porca, é o último paso antes de penetrar na estreita cintura da ría. Pero a súa función defensiva non se cinguía ao mar, senón que tamén debía vixiar os ataques por terra. 

A súa estrutura segue as pautas dunha batería costeira abaluartada. O baluarte principal, que se adianta cara ao mar, posúe troneiras para 12 canóns, cuxos proxectís podían alcanzar os 1.500 metros de distancia ao ser disparados. Aínda que a batería está construída en cachotería, nas canoneiras usáronse perpiaños, pedras que foron labradas e outorgan un aspecto máis coidado ao forte. 

A cara interior da ría esconde baixo o muro as dependencias destinadas aos soldados e os oficiais, sempre separados. Atópase tamén a polvoreira, onde destaca o seu teito abovedado a proba de bombas e o dobre muro de protección, tal e como especifica o modelo Vauban para estes almacéns.

Na liña de terra, onde se abre a porta de acceso, os baluartes triangulares forman un  hornabeque con seteiras: trinta e tres fendas no muro permitían aos soldados disparar con protección. 

Ao redor de todo o conxunto cavouse un foso que quedou ao natural, seco e sen reforzo construtivo, que aínda resiste hoxe en día.

O seu estilo neoclásico corresponde á man dos populares enxeñeiros Juan de Ferriere e Juan Vergel, quen tamén interveu nas reformas do castelo de San Felipe. A súa conservación é, xunto á de Punta Viñas, a mellor deste grupo. 

Accede á guía de viaxe completa en versión galego endrive.google.com

  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Vídeos




    Audioguía




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Punto de información general a visitantes
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos
    Cómo llegar?

    •   Coche
    Actividades destacadas de Turismo Científico

    •   Fotografía científica
    •   Avistamiento de cetáceos
    •   Avistamiento de aves
    •   Observación de estrellas
    •   Rutas etnográficas

    Para saber más

    Durante o axitado século XVIII, con múltiples conflitos bélicos internacionais e internos, como a Guerra de Sucesión, faise patente que a ría de Ferrol necesita unha maior protección que a que ofrecían os castelos de San Felipe, A Palma e San Martiño. 

    A enseada de Cariño, na boca da ría, preséntase como un punto estratéxico. Nesta baía as embarcacións debían esperar a que o vento favorable enchese as súas velas para poder encarar o corredor de auga que desemboca no fondo da ría. 

    A enseada era, por tanto, parada obrigada para calquera barco, incluídos os inimigos, que quixesen penetrarse ata o porto ferrolán. A estratexia de defensa sería sinxela cun bo conxunto de canóns a unha beira e outra da ría. Así, entre 1731 e 1770, proxectáronse unha serie de baterías colaterais. Na cara norte da ría foron as de San Carlos, San Cristovo, Cariño e Punta Viñas. Todas elas hoxe protexidas baixo a declaración de Ben de Interese Cultural.

    Durante a Idade Media o deseño das fortalezas seguía pautas sinxelas. As murallas tiñan como características principais ser altas, robustas e de liñas simples. Pero a irrupción dunha nova arma, o canón con pólvora no s. XV, requiriu reformularse as defensas. Os italianos marcaban as tendencias, pero un francés, Sébastien Le Prestre, Señor de Vauban, perfeccionou as directrices italianas no XVII. A pegada de Vauban está presente nas fortalezas de Ferrol, tanto no castelo de San Felipe, pois sufriu modificacións no XVIII, como nas baterías da enseada de Cariño.

    Bibliografía asociada

    • - Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de A Coruña.
    • - Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español: https://www.ugr.es
    • - Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748. 
    • - Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
    • - Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55. 
    • - Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?