Batería militar de San Cristovo

Ferrol, A Coruña

Puntos de Interés Observer®
Accede a otros contenidos y audioguías en:     

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

Esta pequena fronte, da que apenas quedan unhas ruínas, data de 1739 e está asinada polos mesmo enxeñeiros militares que San Carlos: Juan de Ferriere e Juan Vergel. 


Sobre o mar elévanse as troneiras, aínda visibles, pero boa parte da estrutura está demasiado deteriorada. A batería posuía 11: cinco miraban cara á praia, dúas cara o mar e o resto cubrían o flanco que vai desde cabo Segaño -que se divisa alén da ría, xusto en fronte- a punta de Rabo de Porca. Así, os seus proxectís cruzaban tiro coa batería de San Carlos e a de Cariño, cubrindo ao máximo o campo marítimo. Á batería estaban destinados 24 canóns cun alcance de 2.000 metros, pero só deberon de instalarse oito. 

Na cara interior, a de terra, os soldados e oficiais tiñan as súas estancias. A figura crebada desta liña de defensa axudaba á distribución dos fusileiros en caso de sufrir un ataque a pé. Os soldados parapetábanse tras as seteiras do muro para poder disparar mentres se protexían do ataque. 

No século XVIII os fusís e baionetas aséntanse como o modelo de arma estándar entre a infantería, deixando atrás os pesados mosquetes e arcabuces. 

No oeste da batería sitúase a polvoreira, con protección antibombas. O muro exterior que o protexía deixa un estreito corredor onde se poden observar unhas cavidades que servían como sistema de ventilación. Esta estrutura é a mellor conservada da batería. 

O forte posuía tamén un forno cuxa función era quentar os proxectís ao máximo antes de lanzalos cunha explosión de pouca carga que facía que a bala quedase incrustada no casco da embarcación e ardese, causando graves prexuízos. A este sistema coñéceselle como bala vermella. 

Accede á guía de viaxe completa en versión galego endrive.google.com


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Vídeos




    Audioguía




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   Punto de información general a visitantes
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos
    Cómo llegar?

    •   Coche
    Actividades destacadas de Turismo Científico

    •   Fotografía científica
    •   Avistamiento de cetáceos
    •   Avistamiento de aves
    •   Observación de estrellas
    •   Rutas etnográficas

    Para saber más

    A enseada de Cariño, na boca da ría, preséntase como un punto estratéxico. Nesta baía as embarcacións debían esperar a que o vento favorable enchese as súas velas para poder encarar o corredor de auga que desemboca no fondo da ría. 


    A enseada era, por tanto, parada obrigada para calquera barco, incluídos os inimigos, que quixesen penetrarse ata o porto ferrolán. A estratexia de defensa sería sinxela cun bo conxunto de canóns a unha beira e outra da ría. Así, entre 1731 e 1770, proxectáronse unha serie de baterías colaterais. Na cara norte da ría foron as de San Carlos, San Cristovo, Cariño e Punta Viñas. Todas elas hoxe protexidas baixo a declaración de Ben de Interese Cultural.

    As fortalezas da enseada de Cariño son abaluartadas, seguindo os ditados deste modelo; aínda que, hai que ter en conta o intrincado do terreo, que presenta grandes desniveis, co que as famosas estrelas de Vauban non están tan logradas. 

    Vauban realizou ademais outra modificación significativa nos muros. Concluíu que cunha inclinación de 100 graos estes repelerían mellor os proxectís, xa que rebotaban máis que cando chocaban contra unha superficie completamente vertical, así que o dano que causaban era menor. A inclinación terminaba nun cordón maxistral, unha liña marcada na que o muro volvía á súa rectitude. Isto indicaba que, á mesma altura do cordón, na cara interior, atopábase o chan firme sobre o que os artilleiros montaban os canóns. 

    O método de construción era a cachotería. Esta técnica consiste en colocar as pedras unhas sobre outras, sen apenas labralas e sen seguir un patrón estrito na súa liña ou tamaño. Os ocos énchense con pedras de menor envergadura e tamén se utiliza algún tipo de morteiro, como argamasa, para fraguar a construción. A cachotería evita o desperdicio de materiais e acelera os tempos de edificación, sen descoidar a robustez que require unha batería militar.

    Bibliografía asociada

    • - Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de A Coruña.
    • - Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español: https://www.ugr.es
    • - Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748. 
    • - Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
    • - Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55. 
    • - Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?