Baterías militares de la ensenada de Cariño

Ferrol, A Coruña

Puntos de Interés Observer®
Accede a otros contenidos y audioguías en:     

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

Esta construción é unha defensa costeira atrincheirada, situada na propia praia de Cariño. A súa conservación é bastante deficiente debido ao continuo embate do mar e os seus escasos restos camúflanse entre a natureza. A súa construción levouse a cabo entre 1739 e 1762 polo enxeñeiro Miguel de Hermosilla. 

Estaba constituída en cachotería cun muro de cortina central e parapeto a barbeta, é dicir, que os canóns situábanse na terraza e non existían troneiras ou merlóns que servisen aos artilleiros para cubrirse do lume inimigo. 

Nos seus laterais, había cinco canoneiras de sillería, o que demostra que se quixo imprimir certa importancia, a pesar do que hoxe poida aparentar, pois esta técnica requiría de máis traballo construtivo. 

Contaba tamén cun cuartel para oficial e tropa, tal e como era común neste tipo de baterías. Con todo, o único que conseguiu sobrevivir son os flancos de leste e oeste e unha pequena polvoreira, este si, en bastante bo estado.

Os almacéns de pólvora tamén foran descritos na obra de Sébastien Le Prestre, Señor de Vauban, que determina a construción destas baterías na época. O enxeñeiro especifica nos seus escritos que estes han de contar con dobre recinto exterior para unha maior protección e sinala que o teito debe ser abovedado, de máis de nove metros e cunha cobertura de terra próxima aos dous metros. Este sistema servía para minimizar os danos no caso de que un proxectil inimigo caese sobre o almacén, pero tamén se na manipulación da pólvora ocorría un accidente.

Accede á guía de viaxe completa en versión galego endrive.google.com


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Vídeos




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Empresas de actividades
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Investigadores científicos
    Cómo llegar?

    •   Coche
    Actividades destacadas de Turismo Científico

    •   Fotografía científica
    •   Avistamiento de cetáceos
    •   Avistamiento de aves
    •   Observación de estrellas
    •   Rutas etnográficas
    •   Rutas geológicas

    Para saber más

    Durante o axitado século XVIII, con múltiples conflitos bélicos internacionais e internos, como a Guerra de Sucesión, faise patente que a ría de Ferrol necesita unha maior protección que a que ofrecían os castelos de San Felipe, A Palma e San Martiño.

    A enseada de Cariño, na boca da ría, preséntase como un punto estratéxico. Nesta baía as embarcacións debían esperar a que o vento favorable enchese as súas velas para poder encarar o corredor de auga que desemboca no fondo da ría. 

    A enseada era, por tanto, parada obrigada para calquera barco, incluídos os inimigos, que quixesen penetrarse ata o porto ferrolán. A estratexia de defensa sería sinxela cun bo conxunto de canóns a unha beira e outra da ría. Así, entre 1731 e 1770, proxectáronse unha serie de baterías colaterais. Na cara norte da ría foron as de San Carlos, San Cristovo, Cariño e Punta Viñas. Todas elas hoxe protexidas baixo a declaración de Ben de Interese Cultural.

    Durante a Idade Media o deseño das fortalezas seguía pautas sinxelas. As murallas tiñan como características principais ser altas, robustas e de liñas simples. Pero a irrupción dunha nova arma, o canón con pólvora no s. XV, requiriu reformularse as defensas. Os italianos marcaban as tendencias, pero un francés, Sébastien Le Prestre, Señor de Vauban, perfeccionou as directrices italianas no XVII. A pegada de Vauban está presente nas fortalezas de Ferrol, tanto no castelo de San Felipe, pois sufriu modificacións no XVIII, como nas baterías da enseada de Cariño.

    Unha das súas principais características son os baluartes. Aínda que Vauban non os inventou, si os desenvolveu e situou de maneira moi particular nas fortalezas. Incorporábaos sempre que o permitían o terreo e o espazo, o que provocaba que os seus deseños adquirisen forma de estrela. Estes saíntes defensivos son moi relevantes xa que permiten exercer lume cruzado e, ademais, ao adiantarse do muro de cortina, obrigaban a que os artilleiros inimigos tivesen que retroceder se querían acertar xusto neles.

    As fortalezas da enseada de Cariño son abaluartadas, seguindo os ditados deste modelo; aínda que, hai que ter en conta o intrincado do terreo, que presenta grandes desniveis, co que as famosas estrelas de Vauban non están tan logradas. 

    Vauban realizou ademais outra modificación significativa nos muros. Concluíu que cunha inclinación de 100 graos estes repelerían mellor os proxectís, xa que rebotaban máis que cando chocaban contra unha superficie completamente vertical, así que o dano que causaban era menor. A inclinación terminaba nun cordón maxistral, unha liña marcada na que o muro volvía á súa rectitude. Isto indicaba que, á mesma altura do cordón, na cara interior, atopábase o chan firme sobre o que os artilleiros montaban os canóns. 

    O método de construción era a cachotería. Esta técnica consiste en colocar as pedras unhas sobre outras, sen apenas labralas e sen seguir un patrón estrito na súa liña ou tamaño. Os ocos énchense con pedras de menor envergadura e tamén se utiliza algún tipo de morteiro, como argamasa, para fraguar a construción. A cachotería evita o desperdicio de materiais e acelera os tempos de edificación, sen descoidar a robustez que require unha batería militar.

    Bibliografía asociada

    • Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de A Coruña.
    • Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español: https://www.ugr.es
    • Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748. 
    • Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
    • Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55. 
    • Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?