Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
Por qué é interesante este Punto de Interés?
O rei Felipe II mandou construír esta fortaleza a finais do século XVI, aínda que durante o XVIII sufriu importantes actualizacións que lle outorgaron o seu aspecto actual. Os seus 16.000 m2 adáptanse á complexa orografía grazas a un coidado deseño no que destacan os baluartes, que lle confiren unha planta con forma de estrela. O corpo central está constituído por un gran hornabeque: dous semibaluartes penetran en terra e na cara posterior, cara ao mar, estréitanse nunha gola.
San Felipe viviu a súa gran batalla en agosto de 1800, cando unha tropa inglesa desembarcou na veciña praia de Doniños. Os soldados inimigos chegaron a pé ata o castelo, sorprendéndoo cos seus canóns mirando ao mar. Ao día seguinte, coa artillería xa apuntando a terra, os locais lograron a rendición dos ingleses.
En momentos de perigo como este, entre San Felipe e o castelo de San Martín, ao outro lado da ría, tendíase unha barreira flotante que impedía o paso de calquera embarcación. Con marea baixa aínda se observan as súas ancoraxes.
Na ría tamén se esconde un dos maiores atractivos de Ferrol, as pradeiras mariñas. Nelas pódense atopar en abundancia dúas especies: Zostera mariña e Zostera nolii. Non se trata de algas, senón de plantas con raíces fixadas ao substrato que favorecen a conservación das praias e son lugar de alimento e refuxio para diversos animais.
Accede á guía de viaxe completa en versión galego en: drive.google.com
Imágenes
Vídeos
Audioguía
Información al viajero
- Tren
- Transporte público
- Coche
- Hoteles
- Casas Rurales
- Restaurantes
- APP de rutas
- Punto de información general a visitantes
- Itinerarios científicos
- Guías y catálogos
- Sinaléctica
- Empresas de actividades
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
- Fotografía científica
- Avistamiento de cetáceos
- Avistamiento de aves
- Observación de estrellas
- Rutas etnográficas
- Rutas geológicas
- Rutas botánicas
Para saber más
Para saber máis
A fortificación actual abarca 16.000 m². A súa silueta adáptase á complexa orografía, aplicando as regras que rexían no século XVIII, cando adquire o seu aspecto actual. Trátase dunha batería abaluarta, así que o seu deseño está protagonizado por saíntes ou esquinas que melloraban a defensa do fuerte.Cara ao mar, posúe unha liña de canóns, mentres que cara terra, adiántanse os baluartes nos que se posicionaban os soldados que debían encarar o ataque por este flanco. A zona costeira presume dunha unha liña baixa de artillería moi ben conservada, con troneiras e merlóns que axudaban aos soldados do castelo a protexerse. Entre a muralla exterior e a interior atópanse uns parapetos transversais que recordan a pontes chamadas espaldóns. Estes servían para que os artilleiros se gorecéran do lume inimigo cando se atopaban nesta zona.
Na mesma liña de costa, baixo o mar, pero á vista, aínda resisten as ancoraxes que permitían tender e recoller a barreira flotante que atravesaba a ría, desde San Felipe a San Martín, para impedir a entrada de barcos inimigos. Estaba composta por mastros, restos de barcos e outras madeiras de gran tamaño unidas por unha maroma. O feito de que fose flotante non é despreciable, pois desta maneira garantían que cos cambios de marea a barreira sempre cumprise a súa función. Só se estendía en momentos de perigo e parece que cumpriu o seu papel disuasorio, pois nunca unha nave inimiga puido penetrar ata o porto de Ferrol.
A zona central da fortaleza a forma un hornabeque: dous semibaluartes que penetran na terra e que, na parte oposta, cara ao mar, estréitanse e pechan nunha gola. No medio queda un gran patio de armas co edificio principal do complexo. O hornabeque está rodeado dun foso seco. Todo o conxunto presenta un forte desnivel que foi salvado con escaleiras e caponeiras, utilizadas para protexer o foso e axudar na comunicación das diferentes partes.
O principal material construtivo é o granito, moi abundante na zona. Loce na sillería, aínda que na maioría do castelo empregouse a técnica de cachotería. A pesar da súa función defensiva, existen elementos decorativos de estilo barroco, por exemplo nas portas, que sumados ás elaboradas garitas e aos merlóns -os saíntes rectangulares que coroan os muros exteriores- outórganlle elegancia.
BAUTISMO DE LUME
Aínda non estaba o castelo en pé e o primeiro perigo xa chegara á costa Ártabra. En 1589 o pirata Francis Drake, moi popular en Galicia polas súas múltiples incursións nesta zona, posicionou as súas naves fronte á Coruña e Ferrol. A escuadra, enviada pola raíña Isabel I de Inglaterra, acabou atacando á primeira cidade, aínda que sen poder sometela.
En 1639 o castelo estivo preto de estrearse cando unha frota francesa, ao mando de Henri D´ Escobleau de Sourdis, bispo de Bordeus, tiña a intención de atacar o porto da Coruña e Ferrol, onde se atopoban varios buques que ían camiño de Flandes. O bispo enviou entre 2.000 e 3.000 homes en embarcacións menores que chegaron a descender nas praias ferrolás, pero topáronse cunha tropa de mosqueteiros que fora enviada desde A Coruña, cidade á que tampouco conseguiron dominar.
A fortaleza viviu o seu verdadeiro bautismo de lume en 1800, na coñecida como Batalla de Brión. As tropas inglesas desembarcaron na praia de Doniños, na entrada da ría, e tentaron chegar a pé ata Ferrol, mentres algunhas pequenas embarcacións tentaban avanzar por mar. No primeiro día conseguiron sorprender a San Felipe con todos os seus canóns mirando ao mar. Tivo que ser o castelo da Palma quen, desde o outro lado da ría, lanzase canonazos por riba de San Felipe para combatir ao inimigo. Os soldados empregaron a noite para dispoñer os canóns cara á montaña e, ao amencer, atacaron novamente ao inimigo, que se rendeu durante este segundo día.
Bibliografía asociada
- - Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de A Coruña.
- - Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español: https://www.ugr.es
- - Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748.
- - Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
- - Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55.
- - Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2