Guía de Turismo Científico: Roteiros da Ciencia nas Montañas de Ancares e Courel
Guías y catálogos de Turismo Científico
Servicios Asociados
[GAL] Nesta guía de Roteiros Da Ciencia Nas Montañas De Ancares E Courel o usuario poderá atopar unha nova forma de abordar o turismo, a ciencia e a cultura. Ao longo dos itinerarios propostos poderá ver, experimentar e descubrir o interesante patrimonio natural e cultural destas serras do sudeste da provincia de Lugo.
Dende o S. XX, as montañas de Ancares e Courel foron verdadeiros laboratorios naturais para científicos de diferentes disciplinas e países. Moitos dos resultados de investigación obtidos, constitúen hoxe a base desta guía. O seu deseño e construción foi abordado tendo en conta as principais disciplinas científicas estudadas nesta área de Galicia: xeoloxía, botánica, zooloxía, ecoloxía, historia e astronomía.
Nesta primeira escolma foron seleccionados algúns dos principais puntos de interese do espazo cualificado como Destino de Turismo Científico Observer®. No entanto, hai moitos máis, sendo esta só unha aproximación significativa ao territorio de Ancares e Courel.
O obxectivo fundamental desta guía foi unir coñecemento con experiencias únicas nun Destino de Turismo Científico totalmente xenuíno. A beleza das súas paisaxes é explicada a través da Ciencia, que os interpreta construíndo relatos fascinantes onde todo cobra sentido.
A divulgación da ciencia é sempre a mellor aliada da conservación. A nosa experiencia demóstranos que hai máis vontade por conservar aquilo que se coñece mellor. Daquela, con esta Guía de Roteiros da Ciencia queremos contribuír ao coñecemento e coidado deste fascinante territorio.
DESCARGAR EN : https://drive.google.com/file/d/1GCDoKiyKByXpssuXQx8qnGBMAXizN7Cm/view
URL: http://turismo.deputacionlugo.gal/gl/turismo_cientifico/itinerarios
Email: turismo@deputacionlugo.org
Telefono 1: 982 260 000
Dirección: Diputación Provincial de Lugo/ Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo