Baterías militares de Ferrol (A Coruña)
Un percorrido científico pola súa historia defensiva
Destinos Observer®
Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Destino?
Por que é interesante este destino?
Galicia foi, desde a Idade Antiga, o soño de expansión de numerosos pobos: celtas, romanos ou suevos. Ata as súas costas chegaron no século X os viquingos e a eles seguíronlle ingleses e franceses. Os seus portos convertéronse en enclaves estratéxicos para a defensa do territorio, pero tamén para as propias aspiracións internacionais do que hoxe é España.
A historia das baterías militares de Ferrol empeza, pois, antes mesmo de que fosen proxectadas. As condicións da ría, cunha gran abertura na súa boca e un corpo central estreito que volve abrirse no interior nunha ampla barriga, levárona a ser designada polo enxeñeiro militar Tiburcio Espannocchi como “un dos puntos máis seguros e capaces” de acoller os barcos reais no seu camiño cara ao norte. Felipe II, a quen servía Espannocchi, designa a Ferrol porto da súa Armada e con iso comeza o verdadeiro desenvolvemento da cidade, que levará á construción de grandes emblemas como o Arsenal e o Estaleiro da Graña, xa con Felipe V.
Era preciso protexer este delicado abrigo, por iso Felipe II mandou construír a finais do século XVI unha fortaleza que levaría o seu nome, xusto na cintura da ría de Ferrol. O castelo de San Felipe, acompañado do da Palma e San Martiño, no outro lado da ría, formaron o primeiro tridente defensivo da zona. Co seu lume cruzado poderían atacar aos barcos inimigos en canto penetrásensen na angostura da ría.
Accede á guía de viaxe completa en versión galego en: drive.google.com
Para saber más sobre este Destino pulsa aquí...
Imágenes
Vídeos
Rutas
Puntos de interés del destino
Información al viajero
Tren
Barco
Transporte público
Coche
Hoteles
Casas Rurales
Restaurantes
APP de rutas
Punto de información general a visitantes
Itinerarios científicos
Guías y catálogos
Sinaléctica
Empresas de actividades
Especies protegidas
Proyectos I+D+i
Seguimiento de los valores naturales
Público general
Grupos organizados
Centros educativos
Investigadores científicos
Ciencia Ciudadana
Fotografía científica
Avistamiento de aves
Observación de estrellas
Rutas etnográficas
Rutas geológicas
Recorrido espeleológico
Para saber más
Para saber máis
Aínda que durante o século XVII Ferrol perde protagonismo coa redución de empresas cara ao norte de Europa, no século XVIII recupérao. En 1726 a cidade é declarada capital do Departamento Marítimo do Norte. Desenvólvese todo un plan de protección da costa que incluía a construción de baterías colaterais que asistisen ao tridente dos castelos, xa obsoletos, debido ao constante desenrolo das armas activadas por pólvora, que apareceran no século XV e que revolucionaron a guerra durante as centurias seguintes. Os enxeñeiros emprenderon importantes melloras para San Felipe e proxectaron as fortificacións de Doniños, Prioriño Chico, Viñas, Cariño, San Cristovo e San Carlos. Durante o XIX non hai grandes avances defensivos, pero as baterías entran en acción nada máis estrear o século. En 1800 unha frota inglesa tentará chegar ata o corazón de Ferrol e a cidade enfrontará o maior dos ataques da súa historia. Xa a principios do século XX, baixo a orde do xeral Primo de Rivera, lévase a cabo o Plan de Artillado da Fronte Marítima das Bases Navais de Ferrol-Coruña, Cartaxena e Mahón, promulgado en 1926.
Os avances en enxeñería militar logrados na Primeira Guerra Mundial deixaran obsoletas as defensas españolas; en cambio, as ameazas estranxeiras non minguaran en absoluto. Francia e Italia poxaban con España polo control do Mediterráneo e as illas Baleares, cos portos de Mahón (Menorca) e Cartaxena (Murcia) como puntos crave. Pola súa banda, a costa Ártabra era o lugar de paso obrigatorio para Alemaña e Inglaterra nas súas viaxes cara ás colonias africanas. O proxecto de Primo de Rivera converteu a Ferrol, cos cabos de Prior e Prioriño como base, nunha moderna defensa. Ata estes enclaves, espectaculares pola súa propia natureza, trouxéronse as armas máis avanzadas e contundentes que o Exército español posuíra ata o momento: os canóns Vickers de 38,10 cm de calibre, capaces de cuspir proxectís de 800 kg e un alcance de 35 km. Instaláronse ademais modernas baterías antiaéreas.
A súa historia foi breve, pois desartilláronse nos anos noventa. Con todo, os enormes pozos que se construíron para acoller os canóns, o sistema de túneles empregado na comunicación das diferentes áreas e mesmo os edificios adicados a atender as necesidades do persoal alí destinado continúan en pé.
Desde a excelentemente ben conservada fortaleza de San Felipe, no interior da ría, ata a máis moderna das baterías, en Cabo Prior e Prioriño, Ferrol ofrece un paseo pola historia da enxeñería militar española, un relato que debuxa a posición da cidade no contexto mundial dos últimos 500 anos.
Bibliografía asociada
- - Álvarez Fernández, M. I. (2005). Hidrografía e hidrodinámica de los estuarios gallegos bajo la influencia de forzamientos externos (Doctoral dissertation, Universidade de Vigo).
- - Cristobo J. y Urgorri V. (2002) O impacto ambiental do porto exterior da Ría de Ferrol sobre a biodiversidade mariña e a producción marisqueira. Ría de Ferrol. A perla Ártabra. Edition: Cadernos do Ateneo Ferrolán. Ano XVIII. Nº16. 79 pp. Publisher: Ateneo Ferrolán. Rúa Madalena, 202. Ferrol
- - Neila Campo. El Rayo Verde. Boletín “ESTELA”, Nº 81, Enero-Febrero 1999.
- - Plans y Sanz de Bremond, P. (1983). Una aproximación al geógrafo Ferdinand von Richthofen (1833-1905) (Primera parte). Didáctica Geográfica, (8-9), 97-150.
- - Ruiza, M., Fernández, T. y Tamaro, E. (2004). Biografia de Barón Ferdinand von Richthofen. En Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea. Barcelona (España).
- - Fagúndez Díaz J. (2011) Catálogo de Flora Vascular del concello de Ferrol (A Coruña). Monografías de Botánica Ibérica nº 10. Jolube Consultor Botánico y Editor.
- - Página web de Turismo del Concello de Ferrol: (www.descubreferrol.es)
- - Página web de Patrimonio galego: (www.patrimoniogalego.net)
- - Candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial
- - Guía de Baterías de Costa, José Manuel López Hermida y José Manuel Yáñez Rodríguez. Diputación de ACoruña.
- - Página web del Observatorio del Patrimonio Histórico Español (https://www.ugr.es)
- - Revista de Historia Militar, 126 (2019), pp. 62-90. ISSN: 0482-5748.
- - Revista Cultural Columba, 17 (2017), pp 58-76. ISSN: 2444-930X
- - Revista Castillos de España, 160 (2010), pp 43-55.
- - Arquitectura y urbanismo en El Ferrol del siglo XVIII, Alfredo Vigo Trasancos y Xosé M. Gómez Vilasó. Santiago de Compostela: C. O. A. G., 1984. ISBN 84-85665-11-2